O móbil: con nós ou contra nós?

Dado que cada vez os móbiles incorporan máis funcións, e dado que os servizos wifi e 3G melloran a pasos a xigantados, é lóxico que o uso do móbil aumente en todo o mundo.

Nun artigo recente de Eroski fálasenos da posibilidade de oír música en calquera ubicación, sempre que teñamos conexión á rede. Numerosos servidores permítennos aloxar arquivos de música que logo podemos oír en calquera terminal de internet, e por extensión, no móbil. Un exemplo: GoogleAmazon non conseguiron que as discográficas lles cedan os dereitos para desenvolver en EEUU un servizo similar a Spotify, polo que no seu lugar deseñaron servizos n’ “a nube“, aos cales podemos subir o noso catálogo musical e acceder despois a el desde calquera dispositivo e lugar, sempre que teñamos conexión a Internet. Polo momento non funcionan en España, pero aquí xa temos outras alternativas interesantes (Grooveshark, Google Music, Dropbox…), lugares onde a música pode escoitarse (tanto en móbil como en ordenador ou tableta), aínda que non, polo de agora, compartila con outros usuarios.

Outra interesante aplicación en crecente uso nos móbiles son os xogos de realidade aumentada: abonda un móbil de última xeneración con cámara, un grupo de amigos conectados pola rede e un localizador GPS para disfrutar de aplicacións de realidade aumentada coas cales se poden xogar videoxogos propios de ordenador, incorporando  gráficos que combinan o espazo real que temos diante con outra capa de información correspondiente ao videoxogo. Deste modo, pode competirse con outros xogadores, mesmo a pé de rúa, ao estaren todos conectados por Internet móbil.

Nunha liña igual de atractiva aínda que menos lúdica, está a posibilidade de utilizar o móbil como medio de pago. Google desenvolveu (por agora só en EEUU) un servizo para os móbiles con sistema operativo Android que permitirá o pago mediante tecnoloxía inalámbrica Near Field Communication (NFC). Achegando o teléfono a un código de barras e introducindo o pin efectúase o pago.

Pero coidado!! non todo son alegrías. Un recente estudo da OMS infere que o uso prolongado de móbil (30 minutos diarios durante uns 10 anos) está relacionado coa aparición dun cancro maligno, o glioma. Así que ollo…

Tragamóvil: se che toca tirar o móbil vello…

Buscando lugares a onde levarvos este ano aos de 3º para tratar a unidade de Plásticos e á vez o concepto da reciclaxe, atopei esta iniciativa que se chama Tragamóvil. Na páxina podedes ver un pequeno vídeo onde se ilustra como reciclan nesta empresa os móbiles usados, e ademáis propóñensevos actividades varias para xogar e sensibilizarvos co concepto da reciclaxe.

Segundo especifica a propia páxina, “a Fundación TRAGAMÓVIL foi constituída en 2003 polos principais fabricantes de telefonía móbil, conscientes da necesidade de idear unha solución específica que permitise recoller selectivamente e reciclar un dos fluxos de residuos con maior crecemento nos últimos anos, o dos teléfonos móbiles.”

Ata o 90% dos componentes dun teléfono móbil son reciclables, daí a importancia de concienciar aos millóns de usuarios desta telefonía para que contribúan ao reciclado dos terminais vellos depositándoos nos lugares adecuados.

Unha semaniña de descanso…

Traballastes moito esta avaliación (á vista está nos vosos traballos, que pendurei no Cachatronic), e merecedes un descansiño. Sempre se recomenda saír e disfrutar da primavera que nos entrou este mes, pero por se o tempo non nos deixa… por que non probades a enredar con Xtranormal ou Goanimate? Trátase de programas moi sinxelos de animación; o primeiro transforma texto a voz e o segundo, do que vos deixo un exemplo, funciona con viñetas. Abonda con que vos rexistredes, e logo a xogar: escoller escenarios e personaxes (só 2 con Xtranormal), e ir configurando a acción, paso a paso. O rexistro é moi rápido e gratuíto (aínda que os dous teñen unha versión Premium moito máis chula).  Animádevos!

Por certo: déixovos a folla de cálculo coas vosas notas, por se houbera dúbidas. Ata a volta!!


GoAnimate.com, Aventuras de Merda 5 by Pascual

A nova xeración de xogos online multixogador é gratuíta


Os xogos de rol online comezaron baixo o sistema abandeirado por World of Warcraft, onde o usuario compraba un soporte óptico ou pagaba pola descarga do xogo, podendo participar con outros xogadores en Internet a cambio dunha cuota mensual. Son os chamados “Xogos en liña masivos e multixogador” (MMOG). Agora chega un novo sistema de distribución de videoxogos masivo onde o acceso é gratuíto para o usuario. Para financialos, as empresas optan por unha dobre vía: a venta de accesorios para os personaxes (que como sabedes evolucionan ao longo do xogo) e o patrocionio de anunciantes.

Algúns exemplos: o Puzzle Pirates , onde o xogador é un pirata que saquea barcos, contaba en decembro de 2008 con catro millóns de usuarios rexistrados; o Free Realms, diseñado para PC e previsto para PlayStation 3, diríxese a un público xove, e congrega actualmente a máis de tres millóns de usuarios. Para todo tipo de públicos, podedes atopar o MapleStory, un xogo MMOG tradicional que causa furor; Runes of Magic, 4Story, onde se enfrontan dous reinos e o xogador debe tomar partido; o Shaiya, que de momento non está traducido ao español e transporta ao xogador a un pasado de ciencia ficción.

– Imaxe: Puzzle Pirates

O mediático Second Life é un xogo que simula a vida real; na mesma liña, o Imvu, céntrase sobre todo no deseño da roupa dos avatares e na relación entre os personaxes.

Non  só os títulos de rol masivos optan pola gratuidade. Así o fan tamén Battlefield Heroes, que permite xogar en primeira ou en terceira persona, e Combat Arms, también de acción.

Máis en Eroski.es