Blogaliza, un portal ético e en galego

Ola alumnado!

Como sabedes, un fallo no servizo tivo parado o blog os últimos quince días. A diferencia doutros portais, neste sitio, Blogaliza, existen administradores de carne e óso cos que se pode falar, e iso permitiu unha comunicación que non só levou a arranxar o Cachatronic senón a coñecer máis de cerca este servizo gratuito e libre de edición de blogs, Blogaliza, que pertence a WordPress.

Unha das administradoras, Tati Mancebo, tén á súa vez un blog que vos recomendo moito, e como mostra, déixovos este interesante artigo sobre ferramentas educativas que atopei na súa páxina.

Seguimos comunicando!!!

Para facer diagramas

Estes días estamos estudiando os materiais de construción en 3º da ESO, e pedinvos que confeccionasedes uns esquemas para cada grupo de materiais: madeiras, metais, plásticos e téxtiles, pétreos e cerámicos. Xurdiron moitas dúbidas respecto a como facer  o esquema: como unha táboa, como un resumo con viñetas, coma un organigrama…

Atopei hoxe unha entrada no blog Educa con Tic, que tén sempre excelentes artigos, na que nos falan da ferramenta Cacoo. Con ela podemos organizar visualmente a nosa información de forma sinxela, o cal é un magnífico xeito de estudar os contidos. Velaquí un exemplo dun diagrama realizado con cacoo:

Lei SOPA, según Esteban de 4ºA

A lei SOPA  é un proxecto de lei estadounidense que vén de Stop Online Piracy Act. Ten como obxectivo eliminar as webs que violen contido copyright. Ademais de eliminar a páxina web que viole os dereitos, non se podería enlazar a ese suposto sitio. Por exemplo, Google non podería mostrar  nas súas búsquedas a web Megaupload. Tamén se vería afectada a privacidade, xa que se se está supostamente violando o copyright, gárdanse o dereito de espiarnos.

Nas redes sociais o problema sería que se publicas a foto dun amigo sería un delicto. En youtube ou vimeo subir un video con música dun grupo musical acabaría en sanción.

Aínda que sexa un proxecto de lei estadounidense tamén afectaría a páxinas españolas ou europeas.

Fontes:

  1. http://alt1040.com/2012/01/que-es-y-como-funciona-la-ley-sopa-en-terminos-simples-y-sencillos
  2. http://www.sexenio.com.mx/queretaro/articulo.php?id=3531

E un vídeo que tirei do facebook da Cachada:

 

Xogando con Chopin: realidade aumentada

Estes días andamos no taller fedellando con iso da realidade aumentada, da que o curso pasado falaramos a partir dun vídeo do MIT Media Lab que podedes ver na entrada “Ordenador de vestir” do Cachatronic.
Hoxe Brais e Ricardo graváronse xogando co pequeno “Chopin”, como o bautizaron os de 4ºA:

Do blog Tecnoloxia.org de María Lou tirei varias entradas moi útiles, e de entre elas a de Boffswana; para conseguir ver a Chopin saudar simplemente debedes ter un ordenador con cámara conectada e imprimir unha plantilla que vos proporcionan na propia páxina. Neste vídeo explícase claramente como facelo!

Papervision – Augmented Reality (extended) from Boffswana on Vimeo.

Visita a Galicia Dixital e TVG

Á espera dos vosos documentais da visita (lembrade: só editores de vídeo de software gratuíto ou libre!), déixovos o álbum de fotos do xoves pasado, día en que visitamos as instalacións de Galicia Dixital e TVG.

En Galicia Dixital repasamos os conceptos de emisión en 3D, xogamos con pantallas táctiles e tivemos na man un feixe de fibras ópticas; na TVG puidestes acceder ás cabinas de control de audio, á sala de cromas e a un gran plató cos seus focos e cámaras profesionais, aprendendo algo máis sobre televisión e comunicacións. (Podes consultar algo de información sobre centros de produción de televisión neste link).