Mercado Vintage da Plataforma Creaturas

O pasado sábado 13 de maio tivo lugar na rúa peonil de Boiro o primeiro evento levado a cabo pola plataforma Creaturas: Vintage Market. Leváronse a cabo moitos obradoiros: cera, cestería, pintura… Nun deles, o de poesía visual que dirixiu a artista Lucía Romaní, colaboraron dúas alumnas do centro: Ana Saborido e Lara Triñanes, de 3ºB. Aquí vos deixo fotos das súas intervencións na rúa!

Storyboards para as curtas de Info

Andamos probando a ferramenta GoAnimate para crear “storyboards” animados sobre as historias que en breve gravaremos en Informática. Aquí vos queda unha brincadeira sobre a importancia da Tecnoloxía que fixo Anxo de 4ºA:

GoAnimate.es: Exposici%C3%B3n+sobre+a+tecnoloxia. by Anxorianxo

Like it? Create your own at GoAnimate.es. It’s free and fun!

As TIC e os medios de comunicación

Estes días en Informática imos ver o 1º e 2º capítulo da serie Black Mirror, unha serie británica creada por Charles Brooker que fai un interesante estudo da sociedade actual e da importancia que cobran nela as redes sociais como Twitter.

No primeiro capítulo (“O himno nacional”) faise unha “declaración” sobre a evolución da arte contemporánea e barállanse termos como proxy, trending topic, timeline, censura en prensa… No segundo (“Quince millóns de méritos”) valórase o alcance dos reality shows e bosquéxase un estudo sobre a estratificación da sociedade hoxe. O terceiro (“A túa historia completa”), que veremos en Tecno, trata das TIC e a ética: que sería da nosa vida se ficase gravado todo o que nos pasa?

Cada alumno elaborará un comentario de texto sobre os capítulos nos seus blogs de informática.

 

Cachatronic Coop.

Estamos arrincando o proxecto Cachatronic Coop., unha organización cooperativista de todo 3º na que se unirán máis de 20 pequenas “empresas” para vender produtos reciclados cos que financiar unha viaxe a Portugal.

Aquí podes ver toda a lista de blogs das empresas de 3ºA e 3ºB, de entre os que destacan, por eficientes,  O Corte JallejoDulces AzucarilloImaciChocoBoys Coop. ou Feitizos.

 



Amores Prohibidos 2.0

Onte presentouse no noso insti o proxecto de teatro e redes sociais “Amores Prohibidos 2.0“. Para isto, viñeron ó centro tres dos integrantes da compañía Chévere, as concellalas de Cultura e de Educación do concello, e numerosos medios de prensa. E podedes dicir: que tén esto que ver coa Tecno?

Ben: como dixo Miguel de Lira na presentación, trátase “redealidade“, ou sexa, que o proxecto se vai transmitir nas redes sociais (particularmente en Redenasa.tv), e como? A través de pequenas gravacións subidas polos protagonistas da obra (mozos e actores profesionais) e mediante os posts dos espectadores, que interactuarán cos personaxes. Todo isto do 20 ó 25 de abril. É un proxecto pioneiro en España, e agardamos que chegue a moita xente. Desde a nosa área, amiga da cultura e non reñida coas redes sociais, aportaremos o noso gran de area facendo gravacións e estudando esas novas vías de (tele)comunicación. Xa iremos informando!!