Blogaliza, un portal ético e en galego

Ola alumnado!

Como sabedes, un fallo no servizo tivo parado o blog os últimos quince días. A diferencia doutros portais, neste sitio, Blogaliza, existen administradores de carne e óso cos que se pode falar, e iso permitiu unha comunicación que non só levou a arranxar o Cachatronic senón a coñecer máis de cerca este servizo gratuito e libre de edición de blogs, Blogaliza, que pertence a WordPress.

Unha das administradoras, Tati Mancebo, tén á súa vez un blog que vos recomendo moito, e como mostra, déixovos este interesante artigo sobre ferramentas educativas que atopei na súa páxina.

Seguimos comunicando!!!

Para facer diagramas

Estes días estamos estudiando os materiais de construción en 3º da ESO, e pedinvos que confeccionasedes uns esquemas para cada grupo de materiais: madeiras, metais, plásticos e téxtiles, pétreos e cerámicos. Xurdiron moitas dúbidas respecto a como facer  o esquema: como unha táboa, como un resumo con viñetas, coma un organigrama…

Atopei hoxe unha entrada no blog Educa con Tic, que tén sempre excelentes artigos, na que nos falan da ferramenta Cacoo. Con ela podemos organizar visualmente a nosa información de forma sinxela, o cal é un magnífico xeito de estudar os contidos. Velaquí un exemplo dun diagrama realizado con cacoo:

Steve Jobs, visionario das comunicacións

Trala morte do pai de Apple, o alumnado fixo uns artigos sobre a súa vida, ente os cales se poden destacar o de Natalia e o de Lois Pimentel de 3º A; Serxio e Rubén Gómez de 4º A e Fran Ageitos, Laura García e Laura Triñanes de 4º C.

Déixovos aquí o de Maitane, un magnífico exemplo de reportaxe, pois aporta moito da súa man!

Steve Jobs

Nacido o 24 de febreiro de 1955 e morto o 5 de Outubro do 2011 dun cancro de fígado, Steve foi un gran xenio na informática, participando na fundación das empresa Apple e Disney. Estivo traballando en Apple dende que se fundou en Abril do 1976 ata o 1985 por mor de que el e o director executivo John Scully non se levaban moi ben. Posteriormente, Jobs volve a Apple, xusto no peor momento da empresa pero enseguida volve a levala polo bo camiño tras ser nomeado director interino en 1997. Unha das cousas máis polémicas logo de volver a Apple foi firmar un acordo con Microsoft para que os ordendores Apple tiveran Microsoft Office.

Co seu software RenderMan fíxose enteiramenter a película gañadora dun óscar: Toy Story da empresa Walt Disney-Pixar.

Foi o creador de numerosos sistemas operativos e tamén presentou o primeiro ordenador con interface gráfica de usuario o Macintosh 128K. Dese ordenador ven o nome do sistema operativo que de tódolos ordenadores Macintosh o Mac OS distribuido para o gran público, con interface gráfica de usuario que incluía o rato, ventás, iconas e menús.

Todos estes logros son produto da súa filosofía “Se queres, podes”. Outras frases célebres súas foron “Tede o valor de seguir o voso corazón e a vosa intuición” e “Que o ruído das opinións non afogue a vosa voz interior”.

O último invento de Steve, presentado vinte e catro horas antes da súa morte, é o “Siri” que está no novo iPhone 4S. Siri  comprende as preguntas que lle fas. Por exemplo, se lle dis ¿Como está o tráfico aquí? el atopa a túa posición GPS e dicho! É moi eficaz pois axúdache cos mensaxes, chamadas, correos, organizador, a tomar notas, facer cálculos, obter información turística, etc. só tes que pedirllo! Unha auténtica revolución nos teléfonos móviles! Polo seu gran traballo, bótaremolo de menos.

Breve historia de Apple