Seguridade informática e troianos

Estes días en clase de Informática estamos averiguando cousas sobre a seguridade informática; froito desa investigación, Vicky fixo este artigo no que nos fala de qué son exactamente os virus, os troianos e os programas espía; Maitane especialízase no “malware”, e proponnos remedios posibles.

E Brais, moi instrutivamente (…), realizou este vídeotitorial sobre como crear un troiano, algo que, como entenderedes, VOS ANIMO A NON FACER NUNCA!!

Steve Jobs, visionario das comunicacións

Trala morte do pai de Apple, o alumnado fixo uns artigos sobre a súa vida, ente os cales se poden destacar o de Natalia e o de Lois Pimentel de 3º A; Serxio e Rubén Gómez de 4º A e Fran Ageitos, Laura García e Laura Triñanes de 4º C.

Déixovos aquí o de Maitane, un magnífico exemplo de reportaxe, pois aporta moito da súa man!

Steve Jobs

Nacido o 24 de febreiro de 1955 e morto o 5 de Outubro do 2011 dun cancro de fígado, Steve foi un gran xenio na informática, participando na fundación das empresa Apple e Disney. Estivo traballando en Apple dende que se fundou en Abril do 1976 ata o 1985 por mor de que el e o director executivo John Scully non se levaban moi ben. Posteriormente, Jobs volve a Apple, xusto no peor momento da empresa pero enseguida volve a levala polo bo camiño tras ser nomeado director interino en 1997. Unha das cousas máis polémicas logo de volver a Apple foi firmar un acordo con Microsoft para que os ordendores Apple tiveran Microsoft Office.

Co seu software RenderMan fíxose enteiramenter a película gañadora dun óscar: Toy Story da empresa Walt Disney-Pixar.

Foi o creador de numerosos sistemas operativos e tamén presentou o primeiro ordenador con interface gráfica de usuario o Macintosh 128K. Dese ordenador ven o nome do sistema operativo que de tódolos ordenadores Macintosh o Mac OS distribuido para o gran público, con interface gráfica de usuario que incluía o rato, ventás, iconas e menús.

Todos estes logros son produto da súa filosofía “Se queres, podes”. Outras frases célebres súas foron “Tede o valor de seguir o voso corazón e a vosa intuición” e “Que o ruído das opinións non afogue a vosa voz interior”.

O último invento de Steve, presentado vinte e catro horas antes da súa morte, é o “Siri” que está no novo iPhone 4S. Siri  comprende as preguntas que lle fas. Por exemplo, se lle dis ¿Como está o tráfico aquí? el atopa a túa posición GPS e dicho! É moi eficaz pois axúdache cos mensaxes, chamadas, correos, organizador, a tomar notas, facer cálculos, obter información turística, etc. só tes que pedirllo! Unha auténtica revolución nos teléfonos móviles! Polo seu gran traballo, bótaremolo de menos.

Breve historia de Apple

Ubuntu no Taller de Tecno

Como vistes estes días, no taller de Tecno acaban de instalarnos o Ubuntu en tódalas estacións. Esperamos que esto mellore un pouco a instalación e que teñamos menos problemas agora para traballar!

Ubuntu é un sistema operativo baseado no Linux, como sabedes, un dos exemplos máis prominentes de software libre; todo o seu código fonte pode ser utilizado, modificado e redistribuído libremente por calquera baixo os termos da GPL (General Public License de GNU). Por isto é polo que en educación se aposta por estes modelos de sistema.

Na páxina de María L atopei a referencia a unha guía para traballar co Ubuntu, que  xa vos anticipo, é moito máis doado do que pensamos a priori. Se non precisastes orientación para usar o Windows, tampouco aquí a necesitaredes! Comezar con Ubuntu 10.04 é unha guía para principantes do sistema operativo Ubuntu. Está escrita cunha licenza de código aberto e é de balde para descargar, ler, modificar e compartir. Pode axudarvos a navegar pola Web, escoitar música ou escanear documentos.