Segundo premio de robótica!!

Veño de recoller, con inmenso orgullo, o diploma que acredita que o IES A Cachada obtivo o segundo premio do V Concurso de Robótica organizado por Igaciencia.
Parabéns a todo o alumnado participante, pola súa actitude e saber facer, e un aplauso ás gañadoras, Sarai, Celia, Carla e Rebeca. Feliz de ser a vosa profe!!

Saída á Coruña

Este luns 25 de febreiro fumos á Coruña facer tres visitas:

  • A sección audiovisual do grupo Voz Tv, onde o xefe de realización en persoa (Jenaro) nos contou como se grava e monta un informativo, e como se conforma a parrilla de programación
  • O V Concurso de robótica organizado por Igaciencia, onde o fixemos requetebén!
  • A EAO Pablo Picasso, onde vimos como transcorre o proceso creativo vinculado á actividade manual, obradoiros e ferramentas incluído.
Non vou comentar moito máis porque hai un blog, o Corominas de Lois, Natalia, Isa e Sonia, onde podedes atopar información máis que precisa e adecuada do que foi a visita. Grazas, equipo Corominas!
O que si vos poñemos é un álbum de fotos que quitaron Isa e Sara. Disfrutádeo!!