Memoria da caixa de proxectos

Este ano comezaremos, en 2º e 3º da ESO, creando a vosa propia caixa de proxectos. Será de madeira e materiais reciclados, e debe cumplir uns requisitos que atoparedes na memoria técnica. Esta memoria debedes tela no voso cuaderno, e completar nela os apartados que faltan. A traballar, e non esquenzades cumplir as normas de seguridade do taller!

Smart Cities

Rematando coas exposicións sobre instalacións do fogar, o grupo de Alejandra, Xurxo e Marco fixeron unha boa exposición sobre as tendencias futuras neste concepto. Así, faláronnos de domótica e nanotecnoloxía, enerxías renovables e vehículos híbridos, e en xeral das previsións das smart cities. Non sabes o que son? Aquí tedes un bo documental que o explica, xunto a unha reportaxe moi interesante que os vosos compañeiros atoparon no País Semanal:

Estudo dos sistemas de recollida e xestión de lixo

Fonte: eroski.com

O noso país ocupa a sexta posición no ranking europeo de países que máis residuos urbanos xeneran. Para afrontar esta situación, as administracións elaboraron unha serie de normas, de acordo coas cales o Ministerio de Medio Ambiente se propón reciclar, para o ano que vén, o 80% do vidro, o 75% de papel e cartón, ademáis do 50% dos plásticos, entre outros obxectivos.

Para tratar de comprobar si esas porcentaxes se compren, ou ó menos se aspira a cumprilos, EROSKI CONSUMER estudiou os sistemas de recollida e xestión deos residuos urbanos de 18 cidades españolas: A Coruña, Alicante, Barcelona, Bilbao, Granada, Logroño, Madrid, Murcia, Málaga, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza.

Recoméndovos que leades o contido do artigo e extraiades as vosas propias conclusións, que podedes anotar na libreta e amosarme antes da 1ª avaliación.


Tragamóvil: se che toca tirar o móbil vello…

Buscando lugares a onde levarvos este ano aos de 3º para tratar a unidade de Plásticos e á vez o concepto da reciclaxe, atopei esta iniciativa que se chama Tragamóvil. Na páxina podedes ver un pequeno vídeo onde se ilustra como reciclan nesta empresa os móbiles usados, e ademáis propóñensevos actividades varias para xogar e sensibilizarvos co concepto da reciclaxe.

Segundo especifica a propia páxina, “a Fundación TRAGAMÓVIL foi constituída en 2003 polos principais fabricantes de telefonía móbil, conscientes da necesidade de idear unha solución específica que permitise recoller selectivamente e reciclar un dos fluxos de residuos con maior crecemento nos últimos anos, o dos teléfonos móbiles.”

Ata o 90% dos componentes dun teléfono móbil son reciclables, daí a importancia de concienciar aos millóns de usuarios desta telefonía para que contribúan ao reciclado dos terminais vellos depositándoos nos lugares adecuados.