O móbil: con nós ou contra nós?

Dado que cada vez os móbiles incorporan máis funcións, e dado que os servizos wifi e 3G melloran a pasos a xigantados, é lóxico que o uso do móbil aumente en todo o mundo.

Nun artigo recente de Eroski fálasenos da posibilidade de oír música en calquera ubicación, sempre que teñamos conexión á rede. Numerosos servidores permítennos aloxar arquivos de música que logo podemos oír en calquera terminal de internet, e por extensión, no móbil. Un exemplo: GoogleAmazon non conseguiron que as discográficas lles cedan os dereitos para desenvolver en EEUU un servizo similar a Spotify, polo que no seu lugar deseñaron servizos n’ “a nube“, aos cales podemos subir o noso catálogo musical e acceder despois a el desde calquera dispositivo e lugar, sempre que teñamos conexión a Internet. Polo momento non funcionan en España, pero aquí xa temos outras alternativas interesantes (Grooveshark, Google Music, Dropbox…), lugares onde a música pode escoitarse (tanto en móbil como en ordenador ou tableta), aínda que non, polo de agora, compartila con outros usuarios.

Outra interesante aplicación en crecente uso nos móbiles son os xogos de realidade aumentada: abonda un móbil de última xeneración con cámara, un grupo de amigos conectados pola rede e un localizador GPS para disfrutar de aplicacións de realidade aumentada coas cales se poden xogar videoxogos propios de ordenador, incorporando  gráficos que combinan o espazo real que temos diante con outra capa de información correspondiente ao videoxogo. Deste modo, pode competirse con outros xogadores, mesmo a pé de rúa, ao estaren todos conectados por Internet móbil.

Nunha liña igual de atractiva aínda que menos lúdica, está a posibilidade de utilizar o móbil como medio de pago. Google desenvolveu (por agora só en EEUU) un servizo para os móbiles con sistema operativo Android que permitirá o pago mediante tecnoloxía inalámbrica Near Field Communication (NFC). Achegando o teléfono a un código de barras e introducindo o pin efectúase o pago.

Pero coidado!! non todo son alegrías. Un recente estudo da OMS infere que o uso prolongado de móbil (30 minutos diarios durante uns 10 anos) está relacionado coa aparición dun cancro maligno, o glioma. Así que ollo…

Xogando con Chopin: realidade aumentada

Estes días andamos no taller fedellando con iso da realidade aumentada, da que o curso pasado falaramos a partir dun vídeo do MIT Media Lab que podedes ver na entrada “Ordenador de vestir” do Cachatronic.
Hoxe Brais e Ricardo graváronse xogando co pequeno “Chopin”, como o bautizaron os de 4ºA:

Do blog Tecnoloxia.org de María Lou tirei varias entradas moi útiles, e de entre elas a de Boffswana; para conseguir ver a Chopin saudar simplemente debedes ter un ordenador con cámara conectada e imprimir unha plantilla que vos proporcionan na propia páxina. Neste vídeo explícase claramente como facelo!

Papervision – Augmented Reality (extended) from Boffswana on Vimeo.