Searching for plásticos

Estamos en 3º investigando a natureza, aplicacións e consecuencia de uso e abuso dos plásticos. Durante uns días, reparade na cantidade deles que nos rodean. Os termoestables verédelos nos electrodomésticos, nas chaves da luz, nos enchufes; os elastómeros en prendas de roupa, rodas dos coches, siliconas; os termoplásticos están en TODAS partes, e soen levar un distintivo que os sinala:

Respecto á fabricación de plásticos, en JJ Chicolino, aquí en Boiro, tedes un exemplo de industria, e no tocante a abuso, no blog, páxina de 3º e sección plásticos, tedes un par de vídeos que nos falan das consecuencias desastrosas de usar e non reciclar plásticos.

Estudo dos sistemas de recollida e xestión de lixo

Fonte: eroski.com

O noso país ocupa a sexta posición no ranking europeo de países que máis residuos urbanos xeneran. Para afrontar esta situación, as administracións elaboraron unha serie de normas, de acordo coas cales o Ministerio de Medio Ambiente se propón reciclar, para o ano que vén, o 80% do vidro, o 75% de papel e cartón, ademáis do 50% dos plásticos, entre outros obxectivos.

Para tratar de comprobar si esas porcentaxes se compren, ou ó menos se aspira a cumprilos, EROSKI CONSUMER estudiou os sistemas de recollida e xestión deos residuos urbanos de 18 cidades españolas: A Coruña, Alicante, Barcelona, Bilbao, Granada, Logroño, Madrid, Murcia, Málaga, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza.

Recoméndovos que leades o contido do artigo e extraiades as vosas propias conclusións, que podedes anotar na libreta e amosarme antes da 1ª avaliación.