Cachatronic Coop.

Estamos arrincando o proxecto Cachatronic Coop., unha organización cooperativista de todo 3º na que se unirán máis de 20 pequenas “empresas” para vender produtos reciclados cos que financiar unha viaxe a Portugal.

Aquí podes ver toda a lista de blogs das empresas de 3ºA e 3ºB, de entre os que destacan, por eficientes,  O Corte JallejoDulces AzucarilloImaciChocoBoys Coop. ou Feitizos.

 



Pecha Kucha en Boiro

O pasado xoves 9 de febreiro tivo lugar na ABE de Boiro un acto de Pecha Kucha ó que asistitu o noso reporteiro Adrián Gatbabche; aquí vos deixo o artigo que redactou. Parabéns por ese espíritu curioso, Adrián!!

O pasado xoves 9 de febreiro, tivo lugar na ABE (asociación boirense de empresarios) un proxecto pioneiro no mundo empresarial. Este proxecto chamado “Pucha Kucha”, tivo lugar en Xapón e consiste en explicar 20 imaxes cada unha durante 20 segundos. Cada empresario tivo que presentar a súa empresa desta forma. Neste evento participaron 6 empresas:
– Agalcari (asociación galega de carpinteiros de ribeira)
– Sonaxe (produtora de música)
– Espacio invisible (studio de diseño)
– Rotogal S.L
– Sargadelos
– Lou (conserveira)

Cada unha destas empresas falounos dos seus métodos de traballo, ideas e principios.
Agalcari:
Esta empresa ten moito en conta o respecto medioambiental e fálanos de termos como: sustentabilidade, ecoconcepción e econavegación tamén di que a madeira vai a ser o produto por exelencia do futuro.
Sonaxe:
Sonaxe no seu inicio foi unha empresa creada por dúas mulleres e unha forma de autoemprego. Esta empresa traballa coa escola de música de boiro. Esta empresa é unha cooperativa que é xestionada democraticamente. Esta empresa fai moitos obradoiros para xente maior xa que a música pode axudar a curar algunhas enfermidades. Teñen en mente un proxecto que é facer en Galicia unha rede de escolas musicais.
Espacio invisible:
Esta empresa traballa moito facendo moblería con aparencias e formas  típicas do mar. Usan materiais relacionados coa pesca e tamén reciclan algas para facer moblería.

Unha frase que pode definir a esta empresa é:

Deseño+produción autóctona+reciclaxe = posibilidades

Rotogal S.L:

Esta empresa traballa sempre buscando a innovación industrial. A súa produción e calidade é tal que exportan a 18 países. A súa produción baséase moito no seu entorno. Levaron a cabo un proxecto dun contedores de curación de molusco máis prácticos e mais pequenos tendo a mesma funcionalidade e isto fai que sexan mais  económicos coas que se solen usar.

Sargadelos:

Sargadelos traballa sempre mirando pola cultura, arte, economía e a tradición. Esta empresa traballa coa porcelana, a literatura e con actividades culturais. Sargadelos ten a mellor porcelana do mundo e en cambio a outras empresas a fabricación da súa porcelana faise en España e iso dálle moito valor engadido. Tamén crean por encargo podendo personalizar pezas.

Lou:

Esta empresa sempre está buscando a innovación para poder competir cos grandes como por exemplo, foi a primeira conserveira en España e comercializar con algas e a terceira con orizos. Tamén veu compatible a comercialización de castañas en lata xa que tiña moitos castiñeiros. Os seus traballadores fan moitos dos procesos á man,  como por exemplo: A extracción de materia prima.

Produción industrial: o proceso

O tema de exposición en 4º está a ser o proceso de produción industrial, incluíndo: tipos de empresas, procesos produtivos artesanais e industriais, mercado e lei da oferta e a demanda, a presentación comercial e distribución de produtos, hixiene industrial, ergonomía e impacto da fabricación.

Os rapaces de 4º PDC fixeron unha boa exposición do tema todos xuntos, que vos deixo aquí por se queredes repasar os conceptos teóricos. O resto dos grupos fixeron desta volta uns vídeos, dos que irei colgando algún. Comezamos hoxe polo vídeo “A distribución de produtos. Embalaxe, canles, almacenamento. Concepto da obsolescencia programada”, que fixeron Álex, Rami, Dani e Adrián, de 4º A. Lembrade que os podedes ver todos aquí.

Disfrutade deste!

Citizen completo, un xeito diferente de aprender

Fumos ver Citizen á sala Nasa, a última obra de Chévere, o xoves 24 de marzo.

Nas dúas primeiras partes vimos teatro do bo, contemporáneo, con formato novedoso para nós pero sen esquecer os contidos, que no noso caso nos veñen moi ben para o tema de Produción Empresarial de 4º da ESO.
Na terceira parte houbo un debate que talvez nos fixo pensar algo nesas grandes cuestións éticas da actualidade: os beneficios e as perdas que conleva a golbalización dos mercados, a inxustiza dun sistema de produción que non respecta ao obreiro, que somentes busca gañancias para uns cantos. A obviedade cada vez menos obvia de que vivimos por enriba das nosas posibilidades para… lucir máis guapos. Simplemente para lucir.

Seredes vós, cidadáns do futuro, quen de modificar o actual sistema de produción e racionalizar os mercados, de engadir cabeza e corazón a este gran mostro con só estómago que é o neoliberalismo?? Sei que algo faredes. Porque algo xa o estades facendo 😀

A empresa máis feble

Os temas de organización empresarial (4º ESO, segunda avaliación) soen ser algo áridos, por iso hai que buscar estratexias de aprendizaxe alternativas que nos permitan lembrar e entender os contidos sen perder o sorriso.

Aquí vos deixo un sketch do grupo Chévere que tirei da súa páxina, RedeNasa.Tv, relativa ao tema das empresas que fixeron para o seu formato de “ultranoite”, os shows que periodicamente podedes ver na Sala Nasa e que, nesta ocasión, tiveron lugar no centro social de Teo co gallo de celebrar unhas xornadas de formación empresarial.

O Cachatronic coa cultura galega

Lembrades cando no curso pasado fixemos a Mostra de Artesanía e un home representou o papel de “afiador-paraugueiro“, explicándonos a todos en qué consistía o tradicional oficio?
Ese home é Pepe Penabade, e protagoniza o gran estreo desta tempada do CDG (Centro Dramático Galego): a obra Salomé, de Oscar Wilde, revisada na actualidade polo escritor e dramaturgo Carlos Santiago. Outra iniciativa que pode suscitar o voso interese é o programa Cineuropa, un festival que dende mediados de novembro a mediados de decembro nos achega películas ben interesantes e que doutro xeito, a mercede dos canibalescos criterios comerciais, non poderiamos ver. E finalmente, para aqueles que tanto queriades saber de Inditex e o imperio de Amancio Ortega, recoméndovos a obra Citizen Segunda Parte, do grupo Chévere, que se pode ver na sala NASA dende mañá mesmo ata o 12 de decembro.
E aquí queda o vídeo da nosa Mostra de Artesanía, co actor Pepe Penabade e moitos de vós circulando polo patio do insti!

Feira de artesanía

Eis aquí tódolos murais que entregastes, e si, xa temos gañador!!! O Departamento de Tecnoloxía outorga o súper-premio de murais da I Feira de Artesanía da Cachada a…

Nuria, Cristina e Carme de 2º D!!!

Houbo varios moi bos, foi difícil; aínda estou pensándome conceder un accesit a outro que nos gustou bastante…