Pétreos e minería

Estamos comezando a ver os pétreos en 3º, e xunto ás presentacións que se están elaborando para estudar aspectos técnicos da obtención e aplicación deste tipo de materiais, pedín unha reflexión sobre o uso dos mesmos na historia de Galicia.

Algúns estades preguntando polo problema que saltou ós medios sobre a mina de Corcoesto: unha canteira para obter ouro na que os costes ambientais serían terribles. Podedes ver en artigos de Praza ou Público moita información, pero suxírovos que escoitedes este audio do programa de Radio3 Hoy Empieza Todo, onde se fala de diversos mitos medioambientais e, particularmente, das consecuencias de explotar canteiras deste tipo: 150 000 Tm de montaña para obter 1Tm de ouro, amén de deceas de miles de toneladas de substancias como arsenio ou cianuro de sodio, que pasarán a contaminar os nosos ríos. A pregunta é: merece a pena este tipo de explotacións para obter algo coma o ouro? Escoitade o programa e facede as vosas propias reflexións nos blogs.

Hoy empieza todo con Marta Echeverría – Desmontando los mitos del medio ambiente – 02/05/13Escuchar audioHoy empieza todo con Marta Echeverría - Desmontando los mitos del medio ambiente - 02/05/13

Visita á central térmica de As Pontes

Mañá mércores, o alumnado de 3º da ESO vai realizar unha visita á central térmica de ciclo combinado de As Pontes que organiza o Dpto. de Sociais. Para optimizar a visita, desde Tecnoloxía elaboramos este documento para que estudedes a actividade industrial na central, así como este cuestionario sobre as centrais de ciclo combinado.

ciclo combinado consiste en simultanear a xeración de enerxía a partir dunha turbina de vapor e dunha de gas natural: nun ciclo, quéimase un combustible (petróleo, carbón, biomasa ou gas natural), e o gas circula por un circuíto activando a turbina de gas; os gases de escape están a moi alta temperatura e utilízanse para quentar unha caldeira de auga, o que produce vapor a alta presión que provoca o movemento de outra turbina.

Estas centrais son menos contaminantes (o gas non tén xofre e xérase menos dióxido de carbono) e teñen máis rendemento enerxético (ata un 55%, fronte ó máximo de 33% das térmicas convencionais), polo que en moitos casos, como en As Pontes, as vellas centrais están adaptándose a ciclo combinado.

Déixovos aquí un enlace dun xogo de Endesa para aprender as diferenzas entre a central térmica convencional e a de ciclo combinado.

 

Pecha Kucha en Boiro

O pasado xoves 9 de febreiro tivo lugar na ABE de Boiro un acto de Pecha Kucha ó que asistitu o noso reporteiro Adrián Gatbabche; aquí vos deixo o artigo que redactou. Parabéns por ese espíritu curioso, Adrián!!

O pasado xoves 9 de febreiro, tivo lugar na ABE (asociación boirense de empresarios) un proxecto pioneiro no mundo empresarial. Este proxecto chamado “Pucha Kucha”, tivo lugar en Xapón e consiste en explicar 20 imaxes cada unha durante 20 segundos. Cada empresario tivo que presentar a súa empresa desta forma. Neste evento participaron 6 empresas:
– Agalcari (asociación galega de carpinteiros de ribeira)
– Sonaxe (produtora de música)
– Espacio invisible (studio de diseño)
– Rotogal S.L
– Sargadelos
– Lou (conserveira)

Cada unha destas empresas falounos dos seus métodos de traballo, ideas e principios.
Agalcari:
Esta empresa ten moito en conta o respecto medioambiental e fálanos de termos como: sustentabilidade, ecoconcepción e econavegación tamén di que a madeira vai a ser o produto por exelencia do futuro.
Sonaxe:
Sonaxe no seu inicio foi unha empresa creada por dúas mulleres e unha forma de autoemprego. Esta empresa traballa coa escola de música de boiro. Esta empresa é unha cooperativa que é xestionada democraticamente. Esta empresa fai moitos obradoiros para xente maior xa que a música pode axudar a curar algunhas enfermidades. Teñen en mente un proxecto que é facer en Galicia unha rede de escolas musicais.
Espacio invisible:
Esta empresa traballa moito facendo moblería con aparencias e formas  típicas do mar. Usan materiais relacionados coa pesca e tamén reciclan algas para facer moblería.

Unha frase que pode definir a esta empresa é:

Deseño+produción autóctona+reciclaxe = posibilidades

Rotogal S.L:

Esta empresa traballa sempre buscando a innovación industrial. A súa produción e calidade é tal que exportan a 18 países. A súa produción baséase moito no seu entorno. Levaron a cabo un proxecto dun contedores de curación de molusco máis prácticos e mais pequenos tendo a mesma funcionalidade e isto fai que sexan mais  económicos coas que se solen usar.

Sargadelos:

Sargadelos traballa sempre mirando pola cultura, arte, economía e a tradición. Esta empresa traballa coa porcelana, a literatura e con actividades culturais. Sargadelos ten a mellor porcelana do mundo e en cambio a outras empresas a fabricación da súa porcelana faise en España e iso dálle moito valor engadido. Tamén crean por encargo podendo personalizar pezas.

Lou:

Esta empresa sempre está buscando a innovación para poder competir cos grandes como por exemplo, foi a primeira conserveira en España e comercializar con algas e a terceira con orizos. Tamén veu compatible a comercialización de castañas en lata xa que tiña moitos castiñeiros. Os seus traballadores fan moitos dos procesos á man,  como por exemplo: A extracción de materia prima.

Saída extraescolar en 3º da ESO: AIMEN

Hoxe atopei unha nova referida precisamente á visita que estamos a organizar: o Centro Tecnolóxico AIMEN, ubicado no polígono industrial de Porriño, Pontevedra, cuxa actividade laboral se desplega desde o 1967 e se basea no fomento e execución de actividades de I+D+I para desenvolver tecnoloxías emerxentes, propiciando a innovación das empresas coas que colabora.

A nova da que vos falo é o anuncio da creación dun sistema láser para recuperar placas solares descatalogadas de fábrica. A industria fotovoltaica xenera gran cantidade de células de baixa eficiencia, debido ao seu complexo proceso de fabricación. Arrededor dun 8% das pezas solares fabricadas son defectuosas, e o mercado non contaba, ata agora, cunha solución efectiva para a reutilización destos desfeitos. O proxecto liderado por AIMEN, (sistema REPTILE) permitirá a produción de pezas fotovoltaicas de características melloradas e xeometría personalizada, para ser utilizadas en solucións de integración arquitectónica de todo tipo (edificios, infraestructuras, señalización, etc.), a un coste moi competitivo.

Alí iremos a ver como desenvolven este tipo de proxectos!!

Produción industrial: o proceso

O tema de exposición en 4º está a ser o proceso de produción industrial, incluíndo: tipos de empresas, procesos produtivos artesanais e industriais, mercado e lei da oferta e a demanda, a presentación comercial e distribución de produtos, hixiene industrial, ergonomía e impacto da fabricación.

Os rapaces de 4º PDC fixeron unha boa exposición do tema todos xuntos, que vos deixo aquí por se queredes repasar os conceptos teóricos. O resto dos grupos fixeron desta volta uns vídeos, dos que irei colgando algún. Comezamos hoxe polo vídeo “A distribución de produtos. Embalaxe, canles, almacenamento. Concepto da obsolescencia programada”, que fixeron Álex, Rami, Dani e Adrián, de 4º A. Lembrade que os podedes ver todos aquí.

Disfrutade deste!

Citizen completo, un xeito diferente de aprender

Fumos ver Citizen á sala Nasa, a última obra de Chévere, o xoves 24 de marzo.

Nas dúas primeiras partes vimos teatro do bo, contemporáneo, con formato novedoso para nós pero sen esquecer os contidos, que no noso caso nos veñen moi ben para o tema de Produción Empresarial de 4º da ESO.
Na terceira parte houbo un debate que talvez nos fixo pensar algo nesas grandes cuestións éticas da actualidade: os beneficios e as perdas que conleva a golbalización dos mercados, a inxustiza dun sistema de produción que non respecta ao obreiro, que somentes busca gañancias para uns cantos. A obviedade cada vez menos obvia de que vivimos por enriba das nosas posibilidades para… lucir máis guapos. Simplemente para lucir.

Seredes vós, cidadáns do futuro, quen de modificar o actual sistema de produción e racionalizar os mercados, de engadir cabeza e corazón a este gran mostro con só estómago que é o neoliberalismo?? Sei que algo faredes. Porque algo xa o estades facendo 😀