O ente público galego

Eis un vídeo onde o artista Carlos Blanco explica a importancia que tén para a cultura dun país conservar un medio audiovisual propio; tamén fala das eivas que tivo nestes anos a TVG, algo do que andamos a falar agora coas exposicións sobre Medios de Comunicación en 4º.

(Non vos podo insertar directamente o vídeo, que estes días non vai ben o servidor de Blogaliza…)

Carlos Blanco coa Galega


 

 

Chámannos dende o CERN!!

Aínda que non puidemos apuntarnos á iniciativa do CERN o Día da Ciencia en Galego, xa está pendurada na rede a vídeoconferencia que ese día mantiveron con centos de institutos galegos.
Lembrade que o CERN é o laboratorio de física de partículas máis importante de Europa, e un dos mellores do mundo. Nel traballan físicos galegos que, coma nós, defenden o dereito a investigar e difundir ciencia en galego.
Botádelle un ollo!

Do Cern a Compostela coa Física de Partículas from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.

Presentación de Rodaxe en Boiro

Rodaxe, o taller audiovisual ó que pertenzo e no que vou aprendendo a montar os vídeos cos que logo traballamos, preséntase o martes 8 de xuño no Centro Social de Boiro, ás oito da tarde. No mesmo acto, explicaremos como funcionou o Concurso OlloBoi, ao cal enviamos o vídeo O Reversador que gravamos in extremis hai unhas semanas…

Vide á presentación, escoitade o que se fai no Barbanza no eido audiovisual e gañade unha camiseta!

O Reversador

Os alumnos que forman parte da Sección Bilingüe da Cachada xunto a Erik e Óscar de 2º B presentáronse voluntarios para elaborar este pequeno vídeo co que participamos no II Concurso Audiovisual OlloMol. Non sei se recoñeceredes á repoluda profesora da segunda parte do vídeo, pero en todo caso… grazas a todos por participar, tanto co guión como coa interpretación! Para o ano, se podemos, faremos algún obradoiro que dure todo o curso.

E agora, entrade na páxina do concurso, visualizade os traballos da outra xente e votade. Podedes gañar varios premios!!