Máis luz, máis luz…

As últimas palabras do poeta romántico Goethe antes de morrer foron esas: “luz, máis luz”; nós imos comezar este trimestre montando un contador que se active para pedir luz… será un circuíto cunha etapa dixital (ca que estamos estes días) e outra analóxica, como as que fixemos na primeira avaliación.

E extrapolando este proxecto… parece que está entrando certa luz e as alarmas se van acendendo…

Prácticas de electrónica en 4º ESO

Como sempre, podedes consultar as memorias que entregastes (xa corrixidas) na pestaña “Presentacións e memorias 4º ESO“; dunha delas tirei esta sinxela pero clarísima animación de como funciona un relé. En todo caso, pídovos que non deixedes de botar unha ollada a este impresionante traballo do grupo de Lorena, Vera, Alexandra e Laura de 4º A. A miña máis sincera admiración, rapazas!