Concurso de fotografía Xurxo Lobato

Aquí estamos con boas novas outra vez!!

A nosa alumna Pomba López gañou un premio no concurso de fotografía Xurxo Lobato, no que participamos desde as clases de Informática (no tema de edición de imaxe; de feito, estas que gañaron están modificadas no brillo coa ferramenta PicMonkey). Parabéns, Pomba!!

Segundo premio de robótica!!

Veño de recoller, con inmenso orgullo, o diploma que acredita que o IES A Cachada obtivo o segundo premio do V Concurso de Robótica organizado por Igaciencia.
Parabéns a todo o alumnado participante, pola súa actitude e saber facer, e un aplauso ás gañadoras, Sarai, Celia, Carla e Rebeca. Feliz de ser a vosa profe!!

Gañamos o Exxpopress!!

Parabéns ás gañadoras, Sara, Loreto e Ángela, de 3ºA!!!

Aquí tedes a nova na Voz de Galicia, onde se fala doutros traballos que partiron deste centro (os elaborados no marco do proxecto Ciconi@, e que veñen de levar unha mención no OUFF Escola 2011); outros vídeos eran:

Concurso comarcal escolar Barbanza 2061

O Club Exxpopress convocou este ano as bases do concurso comarcal escolar Barbanza 2061, concurso no que nos invitan a imaxinar o mundo no 2061 e plasmalo nunh pequena produción audiovisual de non máis de 3 minutos.

Aproveitando que en 3º estamos a estudar o tecido empresarial en Galicia, decidimos botarlle imaxinación e ver cómo serán os oficios no ano 2061. Na pestana de 3º da ESO, na páxina do Insti ou no site do Cachatronic podes ver todos os traballos que se presentaron!

Reporteros en la red


Vén de saír a convocatoria do concurso de Ibercaja de reporteiros da ciencia; como cada ano, convocan ao alumnado nas categorías de ESO e Bacharelato a redactaren un artigo de investigación científica, recoñecendo dous traballos en cada categoría. Sendo o 2010 o Ano Internacional da Química, valorarán nesta tempada que o artigo que verse trate a química como unha ciencia creativa esencial para mellorar a sostenibilidade dos nosos modos de vida e para resolver os problemas globais e esenciais da Humanidade, como a alimentación, a auga, a saúde, a enerxía ou o transporte..

Podes ver as bases no pdf de Ibercaja.