Comezamos o curso á velocidade da luz…

…que ata agora se pensaba era a máxima velociade alcanzable no universo. Pero o venres, o mundo acordou coa nova de que un tipo de neutrinos pode superar esa velocidade, e iso, futuros enxeñeiros, sería unha revolución no mundo da ciencia.

Apenas cinco meses despois de visitarmos o CERN, o laboratorio de Física Nuclear que sustenta a Unión Europea, anunciouse este conmocionante suceso, cuxa xenuinidade haberá que verificar nos próximos meses. Déixovos aquí unha foto da prensa: na primeira liña, moi atenta, está Teresa Fonseca, a moza que nos amosou en persoa o experimento Atlas:

O móbil: con nós ou contra nós?

Dado que cada vez os móbiles incorporan máis funcións, e dado que os servizos wifi e 3G melloran a pasos a xigantados, é lóxico que o uso do móbil aumente en todo o mundo.

Nun artigo recente de Eroski fálasenos da posibilidade de oír música en calquera ubicación, sempre que teñamos conexión á rede. Numerosos servidores permítennos aloxar arquivos de música que logo podemos oír en calquera terminal de internet, e por extensión, no móbil. Un exemplo: GoogleAmazon non conseguiron que as discográficas lles cedan os dereitos para desenvolver en EEUU un servizo similar a Spotify, polo que no seu lugar deseñaron servizos n’ “a nube“, aos cales podemos subir o noso catálogo musical e acceder despois a el desde calquera dispositivo e lugar, sempre que teñamos conexión a Internet. Polo momento non funcionan en España, pero aquí xa temos outras alternativas interesantes (Grooveshark, Google Music, Dropbox…), lugares onde a música pode escoitarse (tanto en móbil como en ordenador ou tableta), aínda que non, polo de agora, compartila con outros usuarios.

Outra interesante aplicación en crecente uso nos móbiles son os xogos de realidade aumentada: abonda un móbil de última xeneración con cámara, un grupo de amigos conectados pola rede e un localizador GPS para disfrutar de aplicacións de realidade aumentada coas cales se poden xogar videoxogos propios de ordenador, incorporando  gráficos que combinan o espazo real que temos diante con outra capa de información correspondiente ao videoxogo. Deste modo, pode competirse con outros xogadores, mesmo a pé de rúa, ao estaren todos conectados por Internet móbil.

Nunha liña igual de atractiva aínda que menos lúdica, está a posibilidade de utilizar o móbil como medio de pago. Google desenvolveu (por agora só en EEUU) un servizo para os móbiles con sistema operativo Android que permitirá o pago mediante tecnoloxía inalámbrica Near Field Communication (NFC). Achegando o teléfono a un código de barras e introducindo o pin efectúase o pago.

Pero coidado!! non todo son alegrías. Un recente estudo da OMS infere que o uso prolongado de móbil (30 minutos diarios durante uns 10 anos) está relacionado coa aparición dun cancro maligno, o glioma. Así que ollo…

Centrais nucleares de Fukushima

Nova de El País: “El mayor fayo de Fukushima es Fukushima”.

“Los cientos de expertos nucleares que durante años han teorizado sobre la energía atómica minimizaron algo que era una obviedad: que en la costa japonesa, además de terremotos, puede haber tsunamis. Solo así se explica la construcción de seis reactores semienterrados por debajo del nivel del mar. Ese ha sido, según los ingenieros nucleares consultados, el gran fallo de Fukushima. Eso, sin entrar en la conveniencia o no de usar la energía nuclear.”

Cacha-ficción

Nuns poucos días comezará a funcionar a sección do blog “Cacha-ficción”, na que mensualmente teredes tres recomendacións relacionadas co mundo da Tecnoloxía e a Ficción: un libro, un comic e unha peli.

Para participardes tedes que enviarnos aos nosos correos (flor.cachada@gmail.com e moreiras.cachada@gmail.com) as vosas recomendacións, debidamente argumentadas. A que se elixa como recomendación do mes (en calquera das categorías, libro, comic ou peli) levará un 0.25 máis na nota.

Paralelamente, os que vexades/leades algunha recomendación podedes comentar neste blog, na entrada de Cacha-ficción de  cada mes, as vosas opinións. Cando estas o merezan, tamén levarán un plus de 0.25 na nota.

Animádevos a recomendar!

Chámannos dende o CERN!!

Aínda que non puidemos apuntarnos á iniciativa do CERN o Día da Ciencia en Galego, xa está pendurada na rede a vídeoconferencia que ese día mantiveron con centos de institutos galegos.
Lembrade que o CERN é o laboratorio de física de partículas máis importante de Europa, e un dos mellores do mundo. Nel traballan físicos galegos que, coma nós, defenden o dereito a investigar e difundir ciencia en galego.
Botádelle un ollo!

Do Cern a Compostela coa Física de Partículas from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.

Día da Ciencia e a Tecnoloxía, 4 novembro 2010

Hoxe espuxemos no centro os cartaces sobre Ciencia e Tecnoloxía en Galicia, e tamén o noso Hórreo Tecnolóxico. Con el simbolizamos o noso desexo de preservar o galego na Tecnoloxía, ou o que é o mesmo: sementamos con-ciencia.

A base do hórreo é unha vella placa solar de refugallo que proporciona unha pequena intensidade coa que os alumnos de 4º realizarán un pequeno montaxe de amplificador con transistor; a estrutura é de madeira e cartón, e o recubrimento de refugallo tecnolóxico: diskettes e VHS, teclados e placas de circuíto impreso.

A Voz de Galicia veu ver o proxecto, así que atentos mañá á prensa!

E lembrade: non deixedes que os ratos se coman o noso patrimonio… 😉