Francachadonia

Este curso o alumnado da Sección Bilingüe de 3º da ESO realizou unha viaxe de estudos a París-Lille-Bruselas que foi organizada entre todos a traveso das ferramentas do Google Docs. Durante moitos, moitos martes (…) quedamos eles, Berta e eu a realizar os proxectos (investigar áreas francófonas no tocante a cultura, accesibilidade, interese…) e expoñelos, para finalmente deseñar por completo a viaxe. Déixovos aquí unha presentación de como se organizou toda a actividade, e un pequeno vídeo dos preparativos. En breve penduraremos o vídeo da viaxe!!