Memoria da caixa de proxectos

Este ano comezaremos, en 2º e 3º da ESO, creando a vosa propia caixa de proxectos. Será de madeira e materiais reciclados, e debe cumplir uns requisitos que atoparedes na memoria técnica. Esta memoria debedes tela no voso cuaderno, e completar nela os apartados que faltan. A traballar, e non esquenzades cumplir as normas de seguridade do taller!

Fluorescentes e aforro enerxético

Aquí vos deixo un interesantérrimo artigo de María L. en EducaconTic:, onde nos explica que é unha lenda urbana iso de deixar acesos os fluorescentes por non gastar: aínda que é verdade que estes absorben máis intensidade no arranque, iso é durante microsegundos, de xeito que a potencia total do acendido é menor que a do funcionamento. Así pois, lembrádeo: hai que apagar sempre as luces ó saír!!

Como complemento do artigo, unha infografía de Eroski sobre as lámpadas de baixo consumo:

 

Concurso: Ante a crise, aforro enerxético!

Aquí tedes información para un concurso de internet que nos gustou moito polos seus contidos, pois son materia de estudo na terceira avaliación, para os de 2º e os de 3º: Ignacio López Bueno de presentacións informáticas.

O IES “Terra de Trasancos” organiza a V Edición do Concurso de Presentacións Informáticas “Ignacio López Bueno” que este ano terá como tema:

“ANTE A CRISE: AFORRO ENERXÉTICO”

PARTICIPANTES:

O concurso vai dirixido ao alumnado de ESO, BACHARELATO e CICLOS que estean matriculados no presente curso en centros de Galicia.

Cada un dos participantes deberá acompañar o seu traballo dun certificado de matrícula nalgún dos centros da nosa Comunidade Autónoma.

TRABALLO:

  Consistirá nunha presentación informática na que se poderán incluír  fotos, vídeos, música, etc… e que terá como tema “ANTE A CRISE: AFORRO ENERXÉTICO”

VALORACIÓN DO TRABALLO:

Para a valoración do traballo terase en conta:

  • O rigor científico
  • Tratamento medioambiental
  • Orixinalidade da presentación e dos contidos
  • Os aspectos tecnolóxicos e plásticos: efectos, música, animacións, …
  • A calidade lingüística e literaria

ENTREGA DO TRABALLO:

Na Secretaría do centro IES “TERRA DE TRASANCOS”
Por correo ordinario  en formato CD  ou DVD
Por correo electrónico, poñendo como asunto: V Concurso de presentacións informáticas “Ignacio López Bueno”
Terá que constar o nome do alumno, o curso, o centro no que está matriculado, o nome do profesor encargado e os seus datos de contacto.

ENDEREZOS:

IES “TERRA DE TRASANCOS”, CAMIÑO REAL s/n  C.P. : 15570  NARÓN.

ies.terra.trasancos@edu.xunta.es

DATAS DE PRESENTACIÓN:

Os traballos  terán como data límite para a súa presentación o día 12 de Abril do 2012.

PREMIOS:

Haberá dous premios divididos en dúas categorías:

  • 1 premio para alumnos de ESO dotado con DIPLOMA e 150 EUROS  en material informático, audiovisual (cds, películas, etc) ou libros.
  • 1 premio para alumnos de Bacharelato e Ciclos dotado con DIPLOMA e 150 EUROS en material informático, audiovisual (cds, películas, etc) ou libros.