Informática

Nesta páxina podes consultar o temario da materia de Informática de 4º da ESO, así como acceder a algúns links que no Departamento nos parecen interesantes. De entrada:

Eis os apuntes de Iván Lasso sobre informática básica en banda deseñada, moi bos para as unidades 1 e 3!

Unidade 1: Hardware e software. Sistemas operativos

1. Introdución
 2. Hardware
 3. Software. Sistemas operativos

4. Programación.

Unidade 2. Instalación e mantemento de redes. Seguridade informática

1. Redes locais (apuntes elaborados polo alumnado na aula) e presentación do Blog de Aula deTecnologías. Tamén vos recomendo este manual elaborado por Martín Vargas:

 

2. Creación de grupos de persoas usuarias, adxudicación de permisos, e posta a disposición de contidos e recursos para o seu uso en redes locais baixo diferentes sistemas operativos.
3. Seguridade na internet

Unidade 3: Tratamento da imaxe e o son

  • Captura e tratamento. Formatos de audio (mp3 e bitrate)
  • Formatos de son: WMA, OGG, MID
  • Reprodutores de MP3
4. As redes de intercambio como fonte de recursos multimedia. Necesidade de respectar os dereitos que amparan as producións alleas. Copyleft  
  • Un exercicio de aplicación das imaxes: elaborar un comic en Comic Life (descarga aquí)

5. Realidade aumentada: un exemplo (curta) e un software

Unidade 4: Publicación e difusión de contidos

2. Elaboración de páxinas web que conteñan obxectos activos sinxelos: mapas, formularios e controis multimedia. (Google Sites, Creo Web, Wix, Jimdo, Glogster)
3. Deseño de presentacións. Emprego de animacións sinxelas con elementos gráficos. Recetas para non durmirse nin perderse ante unha presentación. A plataforma online Prezi
4. Creación e publicación na web. Estándares de publicación. Deseño gráfico das páxinas web.
5. Mass media (apuntes CNICE): TV, radio, prensa, cine, publicidade 
6. Os medios na sociedade da información (capítulo de El Cuarto Poder)
8. Redes sociais, difusión de información, ética: Black Mirror

Unidade 5: Un mundo virtual. A web 2.0

2. Comunidades virtuais e globalización
3. Acceso a servizos de Administración electrónica. De entre eles, destaca a Axencia Tributaria, o SERGAS e o Boletín Oficial do Estado (e/ou DOG)
6. Protección da intimidade e da seguridade persoal na interacción en contornos virtuais. Identidade dixital
7. A propiedade e a distribución do software e a información: software libre e software propietario, tipos de licenzas de uso e distribución.
8. Canles de distribución dos contidos multimedia: música, vídeo, radio, TV. Streaming
9. Acceso, descarga e intercambio de programas e información. Diferentes modalidades de intercambio.
10. Contribuímos a crear un universo virtual: facer aplicacións para Android con App Inventor.
11. Unha rede social que tén que ver con Galicia e o arte: RedeNasa.Tv   E non deixedes de botar un vistazo ó proxecto de teatro a través das redes sociais que tivo lugar no noso centro, A Cachada: Amores Prohibidos 2.0

Unidade 6: O universo fílmico

    • O vídeo na computadora
    • Formatos de vídeo: AVI, MPG, WMV, MOV
    • Compresión e codecs
    • Captura, edición e montaxe
  1. Historia do cine. Formatos
  2. Historia da animación
  3. A linguaxe audiovisual: elementos
  4. Dixitalización do son: mostreo, cuantificación, codificación. Comprimir un sinal
  5. Edición de audio con Audacity
  6. O universo fílmico. O proxecto NETrezade
    1. Guión literario, técnico e storyboard. Cada un destes elementos tén unha sintaxe propia que convén respectar (p. ex.: o guión literario escríbese en courier new 12, párrafo centrado). Para esto poden utilizarse ferramentas específicas de edición, como o software gratuito Celtx, que ademais nos deixan escribir tamén o guión técnico, o storyboard, a biblia de personaxes… e permite relacionalo todo a modo de base de datos.Un guión literario tén sempre unha estrutura similar: engloba o conxunto das secuencias do filme, todas encabezadas por unha liña na que se indica a localización da acción e se precisa se esta é exterior ou interior e se é noite ou día. De seguido, se fora oportuno, inclúese unha breve descrición da escena. Finalmente aparecen os diálogos entre os personaxes, con indicacións sobre a actitude ou emocións que afectan a cada un deles e por tanto condicionan a secuencia.A continuación podes ver o extracto dun guión, (Pedro e o Capitán, de Pablo Iglesias), eemplo de como adaptar unha obra de teatro (Mario Benedetti) a guión cinematográfico (Gonzalo Iglesias).
    2. A linguaxe audiovisual: elementos (tipos de planos, fases da rodaxe…)
    3. Montaxe
    4. Postprodución e distribución. Algúns festivais: Olloboi
  7. Lembrade: copyleft e dereitos de autor. Tedes recursos libres no comezo desta mesma páxina, e máis na páxina Recursos
  8. Cuestionario de autoavaliación

2 reflexións sobre “Informática

  1. Ola Pepe
    Que eu controle (…) non é posible rexistrarte. Tampouco é preciso para nada, a menos que sexa para seguir os posts que colgo. No seu momento intentei incluír o lector RSS para eso, pero nunca funcionou, e desistín…
    Gracias polo interese!

Os comentarios están pechados.