Nikola Testa, curso 2013/14

 

Os RETOS de NIKOLA TESTA:

  1. Outubro, 30: Nikola Tesla Na Exposición Universal de Chicago de 1893 houbo por primeira vez un edificio dedicado a exposicións eléctricas. Que presentaron neste evento Tesla e George Westinghouse? 
  2. Outubro, 30: pilas e baterías de NiCd Cando a prohibición de pilas e baterías de níquel-cadmio entre en vigor, onde se van permitir as baterías (NiCd)? Que alternativas vai haber para outras aplicacións?
  3. Outubro, 30: Que é o CTE? Que consumo final da enerxía do noso país acapara o sector dos edificios? Con que normativa é incompatible o CTE e por qué?
  4. Outubro, 30: O Estudo Aphekom Onde se producen as emisións contaminantes e cales son estas? Que efectos perxudiciais provoca a contaminación atmosférica?

 


Nikola Tesla naceu en Croacia no seo dunha familia serbia o 10 de xullo de 1856; foi físico, matemático, inventor, e enxeñeiro eléctrico. Coñéceseo, sobre todo, polas súas numerosas e revolucionarias invencións no campo do electromagnetismo. Emigrou a EEUU, onde foi considerado un dos máis grandes enxeñeiros da historia, grazas á súa demostración de comunicación inalámbrica por medio de ondas de radio en 1894 e logo da súa vitoria na guerra das correntes: as súas patentes e o seu traballo teórico formaron as bases dos sistemas modernos de potencia eléctrica por corrente alterna (CA), posibilitando a II Revolución Industrial.

Tesla era un visionario, pero debido á súa personalidade excéntrica e ás súas afirmacións aparentemente incribles e algunhas veces case inverosímiles, foi finalmente considerado un científico tolo. Morreu empobrecido á idade de 86 anos, en Nova York, o 17 de xaneiro de 1943.