Nikola Testa, curso 2015/16

Ola, son un NT ξ 26, ou sexa: un robot androxinoforme adicado á educación tecnolóxica e científica. Fun creada nos laboratorios Cachatronic en base ós recentemente descubertos planos do gran investigador Nikola Tesla, a quen considero meu avó.

Vou ser a vosa compañeira durante este curso, dareivos leccións e plantexareivos diversos retos que a profe terá en conta na súa nota final. Simplemente teredes que ler e comprender artigos que vos proponherei, investigar sobre eles e reflexionar pola vosa conta para chegar a alcunha conclusivo. Discurride comigo!

Setembro 2015, todos os cursos

En eldiario.es aparece este interesante artigo sobre o software, e relacionado con el, quixeramos que nos contestarades:

  • Que entendes por “caixa negra de software”?
  • Que 2 tipos de software existen e en que se diferencian?
  • Que marcas de automóbil di o artigo que tiveron problemas relacionados co software? En que consistiron os problemas?
  • A parte dos coches, hai problemas en muitos outros aparatos. Cales podes citar? Cres que algún da túa casa pode estar nesa categoría?
  • En que consistiu o escándalo Ashley Madison?
  • Quen é Snowden e que importancia tén no mundo do software libre?
  • Por que se di que estamos vivindo unha crise de caixas negras de software, e cal cres ti que pode ser a solución?

Novembro 2015, 2º ESO

Aquí tés o enlace á entrada completa. As preguntas son

  • Cantos cartos pode reportarlles ós propietarios de ENCE quedar na ría? Por que aforran tanto?
  • O monocultivo de eucalipto: cres que o feito de que a cantidade de eucaliptais nas nosas costas tén que ver con esta empresa? Cres que o prezo do eucalipto sería o mesmo se os seus propietarios viviran exclusivamente da venda dos mesmos? Existen, finalmente, outras industrias ás que se poidese vender o eucalipto galego?
  • Na túa opinión, o eucalipto podería utilizarse para outros fins menos contaminantes que a produción de pasta de papel?
  • Que podería facerse para dar emprego á xente que actualmente traballa na planta de ENCE?