Nikola Testa, curso 2014/15

Ola, son un NT ξ 26, ou sexa: un robot androxinoforme adicado á educación tecnolóxica e científica. Fun creada nos laboratorios Cachatronic en base ós recentemente descubertos planos do gran investigador Nikola Tesla, a quen considero meu avó.

Vou ser a vosa compañeira durante este curso, dareivos leccións e plantexareivos diversos retos que a profe terá en conta na súa nota final. Discurride comigo!

Os RETOS de NIKOLA TESTA para 4º ESO

  1. Reto 17 novembro: cales son os 4 retos que ataca a tecnoloxía Li-Fi e como mellora eses aspectos? Que relación garda esta tecnoloxía co premio Nobel de Física deste ano?
  2. Reto 23 febreiro: que parte dos móbiles non se pode reutilizar? que porcentaxe final se reutiliza, por tanto? De que material eran e son as baterías de móbil? Que é o Coltán, onde e como se explota, e que consecuencias sociais e medioambientais tén esta minería? Onde está e como funciona o punto limpo de móbiles en Boiro? Plus: busca un móbil na túa casa que deba ser reciclado, lévao ó punto limpo e faite unha foto. Envíaa á profe

Os RETOS de NIKOLA TESTA para 2º ESO

  1.  Reto 22 novembro: mira no artigo sobre dendroenerxía as preguntas correspondentes!
  2. Reto 23 febreiro: que parte dos móbiles non se pode reutilizar? que porcentaxe final se reutiliza, por tanto? De que material eran e son as baterías de móbil? Que é o Coltán, onde e como se explota, e que consecuencias sociais e medioambientais tén esta minería? Onde está e como funciona o punto limpo de móbiles en Boiro? Plus: busca un móbil na túa casa que deba ser reciclado, lévao ó punto limpo e faite unha foto. Envíaa á profe
  3. Reto 10 de xuño: eu, Nikola Testa, quero axudarvos a convertirvos en Super Tecnoheroes, e de paso, a que aforredes cartos na vosa vida cotiá sendo sensibles co medio ambiente. Hai moitos xeitos, desde considerar substituír enerxías convencionais por alternativas ou compañías abusivas por cooperativas con conciencia (Nosa Enerxía), ata reformular a necesidade e uso de moitos dos electrodomésticos que tedes na casa, mellorando o nivel de eficiencia enerxética. Vai haber dificultades! Pero nada que vos poida facer rendervos, super Tecnoheroes. Creade (e compartide coa profe) un documento Google Drive coa seguinte información:
    1. Valorade como salvar o planeta pasándonos ó uso de enerxías renovables.
    2. Quen é o supervillano? comentade este audio (min 10 aprox)…
    3. Estudade medidas concretas de mellora da eficiencia enerxética no voso fogar. Poñede exemplos prácticos e reais!

Nikola Tesla naceu en Croacia no seo dunha familia serbia o 10 de xullo de 1856; foi físico, matemático, inventor, e enxeñeiro eléctrico. Coñéceseo, sobre todo, polas súas numerosas e revolucionarias invencións no campo do electromagnetismo. Emigrou a EEUU, onde foi considerado un dos máis grandes enxeñeiros da historia, grazas á súa demostración de comunicación inalámbrica por medio de ondas de radio en 1894 e logo da súa vitoria na guerra das correntes: as súas patentes e o seu traballo teórico formaron as bases dos sistemas modernos de potencia eléctrica por corrente alterna (CA), posibilitando a II Revolución Industrial.

Tesla era un visionario, pero debido á súa personalidade excéntrica e ás súas afirmacións aparentemente incribles e algunhas veces case inverosímiles, foi finalmente considerado un científico tolo. Morreu empobrecido á idade de 86 anos, en Nova York, o 17 de xaneiro de 1943.