Visita á Facultade de Camiños e ó Bricolabs

A saída a Coruña co alumnado de 3º deste ano foi moi produtiva, e agardamos que se espertaran vocacións profesionais con ela!

Na Facultade de Camiños vimos os diferentes laboratorios de ensaio, onde se fan probas e maquetas para logo construír diques, portos, pontes… Desde hai un ano a Facultade conta co túnel de vento máis potente de España, e aínda que nós o pillamos co sistema informático danado puidemos facernos unha idea da magnitude do ensaio.

Pola tarde fixemos unha breve pero ilustrativa e divertida visita ó Bricolabs, un laboratorio de fedelleir@s sito na Domus na que alucinamos coa de pequenos inventos que todos e todas podemos facer nas nosas propias casas a un coste ben baixo.

Imprimindo casas

As tecnoloxías de impresión 3D melloraron tanto como para construír vivendas en tan só 24 horas e en condicións extremas de temperatura. Botade un ollo a este vídeo onde se explica como facelo, empregando materiais innovadores e de alta calidade e con acabados instantáneos:

Domo

Mirade qué chulo está quedando o domo no que andan traballando os de 4ºC con Flor. Os alumn@s que participaron neste proxecto foron: Laura, Ainhoa, Pablo, Alex, Javi, Nicolás, Óscar e Jorge):

Proba de Google groups e lectura

Os pasados días celebrouse en Las Vegas a CES, unha das feiras de novas tecnoloxías máis importantes do mundo.

Neste artigo do xornal dixital Eldiario.es atoparedes información sobre algún dos aspectos máis atractivos da feira, algo que sen dúbida cambiará o noso futuro inmediado: IoT (Internet of things).

Se tedes curiosidade, buscade novas sobre a CES en Xataka: publicaron moitos artigos especializados: coches automáticos, realidade virtual, robótica, ordenadores, chromebooks, smartphones… Xataka é un diario de novas tecnoloxías ó que podedes subscribirvos para obter información diaria actualizada.

A ler!

 

Tecno no STARcach

Vídeo resumo do proxecto STARcach, unha combinación do traballo de varios Departamentos (Galego, Tecno, Mates, FQ, Inglés) e rapaces no eido do audiovisual e a robótica. Todo un curso aprendendo, creando e disfrutando, un pracer!

Hidráulica 4º

Non todo ía ser Robótica e Programación! Algún equipo de 4º preferiu facer o seu proxecto sobre Hidráulica. Para mostra, este de Toño, Saulo, Iván e Pablo, de 4ºB:

 

STARgal

Levamos o premio de innovación en dinamización lingüística deste ano 2016/16, e o noso Departamento estivo moi implicado na actividade.

O martes 10 de maio propoñemos a todos os centros de secundaria de Galicia competirmos xuntos no #STARgal: un proxecto elaborado no IES A Cachada, Boiro, para demostrar que as TIC e o galego poden e deben ir da man se queremos construír unha sociedade máis sólida e preparada.

A competición será virtual e consistirá en 2 probas:

  • RañaSTARgal, unha competición de habilidade e coñecementos a través de videoxogos elaborados polo noso alumnado con Scratch
  • OlloSTARgal, un concurso de videopoemas elaborados con móbil, organizado en colaboración co Festival Audiovisual Escolar Olloboi
Entra en cada pestana para saber máis sobre como funcionará cada competición e os premios correspondentes.
Entre tod@s, podemos frenar o retroceso do galego. O primeiro paso é reivindicar o seu uso nas áreas de prestixio laboral e social actuais: o audiovisual, a robótica e a programación.
Esta actividade conta co apoio económico da Xunta de Galicia, a través das axudas a Innovación en Dinamización Lingüística

Concurso EEI de Mbot

Participamos este ano por primeira vez no concurso que organiza a Escola de Enxeñería Industrial de Vigo con Mbots. Estamos moi contentas, porque nunca programáramos Mblock, e foinos bastante ben nas 2 probas!

Deixámosvos unha galería de imaxes da actividade, á cal acudimos co alumnado do Contrato-Programa STARcach: