3º ESO

Ola rapazada!

Aquí tedes o cadro de contidos do curso e os estándares de avaliación, así como as rúbricas coas que vos avaliaremos.

Antes de comezar, lembra que os proxectos que realicemos no taller (montaxes, soldadura…) deben ir acompañados dunha memoria técnica, que ha de estar feita a ordenador (agás os planos), e está composta polos seguintes documentos:

    • Portada
    • Índice
    • Estudo inicial: problema de partida, proposta de solucións, bosquexo enriquecido (con detalles, medidas, cores…)
    • Planos acoutados (con medidas e regla)
    • Follas de proceso de cada peza/parte do proxecto.
    • Orzamento (folla de cálculo)
    • Avaliación: do produto final (resultado, defectos, melloras) e do proceso de traballo (do grupo).
    • Bibliografía e/ou referencias web.

A miúdo vos pedirei que fagades os exercicios do Boletín; se estades en 3º A, B, C ou D, trátase deste boletín. Se estades en PDC ou tedes Reforzo Educativo, será estoutro boletín:

Contidos 1º trimestre

Unidade 1. Tecnoloxía. O proceso tecnolóxico

  1. A tecnoloxía como fusión de ciencia e técnica
  2. Análise de obxectos: formal, funcional, técnica e socioeconómica
  3. Proceso tecnolóxico e fases. Problema, planificación (follas de proceso), execución e avaliación. A memoria técnica (caixa de proxectos (curso 2013/14); Planos e debuxo técnico. Orzamento
  4. Organización: xestión de actividades na aula taller (actividade: plano a escala do taller con sinalización de riscos)
  5. Descrición dun obxecto:
    • Formal
    • Funcional
    • Socioeconómico e ambiental
    • Técnico: as propiedades químicas, físicas, tecnolóxica

Unidade 2. Sistemas de representación de obxectos

  1. Deseño asistido por ordenador: CAD
  2. AcoutamentoPodes repasar como se obteñen vistas e se acouta con estes exercicios de IES La Aldea
  3. Normalización. Vídeo: que é unha escala?. Escalas normalizadas
  4. Debuxo técnico: perspectiva cabaleira, perspectiva isométrica e sistema diédrico. Exercicios interactivos de Vistas dun obxecto. Obtención das vistas a partir das pezas. Modelado de pezas a partir das súas vistas.Visualización e modelado de pezas en 3DConstrúe pezas e obtén as súas vistasExercicios de autoavaliación
    • Tipos de imaxes dixitais:
      • Imaxes de mapa de bits (bitmaps): formadas por un conxunto de puntos (píxeles) que, dispostos en filas e columnas, forman a imaxe final. Cada píxel tén características propias: cor, brillo, contrastre… Cando se garda unha imaxe bitmap almacénase a posición de cada píxel coas súas características. Unha imaxe bitmap vén definida polo tamaño (dimensións reais en polgadas ou cm); a resolución (ppi: números de píxeles por polgada ou cm: cantos máis puntos por polgada, maior calidade); a profundidade da cor (número de cores utilizadas). Programas de edición deste tipo de imaxes son o Paint, o GIMP, o Photoshop, e os formatos típicos de bitmap o .gif, …
      • Imaxes vectoriais: compostas por obxectos gráficos como puntos, liñas, curvas, que están definidos individualmente. Ao modificar unha imaxe vectorial modifícanse as características de cada obxecto gráfico que a compón, polo que non se altera o resultado final: por isto, a diferencia das bitmaps, o cambio de escala dunha imaxe vectorial non cambia o seu aspecto. O efecto de distorsión nas imaxes bitmap é coñecido como pixelado. Exemplos de programas de edición de imaxe vectorial son o CorelDRAW e o Illustrator, que xeran formatos de imaxe como o .jpg
  5. Software libre para traballo con imaxes bitmap: GIMP
  6. Software libre para traballo con imaxes vectoriais: Inkscape

CAD 2D

Os programas de deseño asistido por ordenador (Computer Aided Design ou CAD) permítennos traballar imaxes vectoriais con moita precisión, o que resulta especialmente útil para realizar planos. Hai moitos programas de CAD para uso educativo, e un que nos gusta moito é o DraftSight, gratuíto e moi semellante ao profesional AutoCad. Só hai que rexistrase para usalo!!

Outro programa de CAD en 2D é o QCad, aínda que actualmente está conxelada a súa versión gratuíta, polo que se pode usar o LibreCad.

CAD 3D

Sketch Up

Trátase dun sinxelo editor gráfico en 3D, moi intuitivo e vistoso, que podedes descargar gratuitamente desde a súa propia páxina. No blog cristalab podes consultar un magnífico titorial de uso do Sketch Up.

TinkerCAD

Un editor moi sinxelo que podes usar para deseñar pezas que fabricar cunha impresora 3D. É gratuíta e online, só tedes que rexistrarvos. Ollade que bo videotitorial realizaron ó respecto Alejandra Melón e Raquel Romero!

Vizor.io

Un paso máis no deseño 3D: visualizar os obxectos que creaches. Cunhas gafas de RV podes ver todo o que deseñes con esta innovadora aplicación online e gratuíta na que hai plantillas con moitísimos elementos e onde ademáis podes subir ti as túas propias imaxes (as 360 van perfectas!) ou creacións en 3D.

Lembra que antes da avaliación terás que ter feitas as actividades dos bloques 1, 2 e 3 do Boletín.

Unidade 3. Materiais


Unidade 3a. Materiais pétreos e cerámicos

No taller imos facer un robot con materiais reciclados (refugallo electrónico, pétreos e plásticos)

Complementos


Unidade 3b. Materiais plásticos e téxtiles


Unidade 4. O ordenador e os nosos proxectos

  • Elementos dun equipamento informático:
    • Hardware: CPU, conectores e portos, periféricos (entrada e saída)
    • Software: SO e software de aplicación. Softwares abertos, gratuítos e privativos
  • Ferramentas e aplicacións básicas para a procura, descarga, intercambio e publicación de información:
    • Navigadores: Chrome, Mozilla, Linux
    • Buscadores: Google, Yahoo, Bing…
    • Transferencia de ficheiros: Dropbox, Mega, Drive…
    • Creación e/ou utilización de páxinas web, blogs e redes sociais como medio de transmisión de información
  • Suites ofimáticas:
    • Microsoft Office: Word, Excell, Power Point
    • Open Office: Write, Calc, Impress
    • Drive
  • Procesadores de texto. Utilización de ferramentas avanzadas: creación de táboas, emprego de distintos formatos, inserción de imaxes e formas de vinculación destas. Google Docs como suite ofimática
  • Iniciación á folla de cálculo: operacións básicas, fórmulas sinxelas e tipos de datos, realización e manexo de gráficos. Elaboración de orzamentos e outros documentos de traballo.
  • Deseño de presentacións: operacións previas, traballo con vistas, deseño de diapositivas, efectos, transicións e intervalos, animación de obxectos e textos, inserción de elementos multimedia (películas e sons). Subida á web: slideshare e slideboom. Recetas para non durmirnos nin perdernos vendo unha presentación.
  • Imaxes: formatos, programas. Ver apuntes no final da páxina Coñecemento de distintas aplicacións informáticas de interese para a tecnoloxía: edición de fotografía e vídeo, debuxo, simuladores de circuítos, ofimática en liña…
  • Medidas de seguridade no uso de intercambio de información
  • Transferencia e aloxamento de ficheiros. Marco legal para a distribución dos contidos: protección dos dereitos de autor. Licenzas de uso e distribución de software. Copy left
  • Comunicación en radio: unha ferramenta de edición online e varios consellos para facer un podcast con Spreaker, por Alejandra Melón e Raquel Romero

Contidos 2º trimestre

 Lembra que antes da avaliación terás que ter feitas as actividades dos bloques 4, 5 e 6 do Boletín.

Unidade 5. Electricidade e electrónica

Toda a unidade se pode estudar a través destes apuntes do ITE, realizando as correspondentes actividades. En todo caso, os apartados concretos nos que profundizar, son:

De EducaconTic tirei este útil artigo de María L. sobre simuladores de circuítos online. Podedes xogar con varios deles, particularmente co Circuit Lab!

Finalmente, déixovos uns apuntes de electricidade da web Aratecno; recoméndovos imprimilos. En todo caso: deben estar na libreta os exercicios finais do caderniño resoltos.

Outras posibles fichas de exercicios: circuítos e Lei de Ohm; circuítos, c.a., díodos.

Taller: prácticas de electricidade (imprime e enche este caderno)

Avanzando 4º da ESO:
  • Consulta estes vídeos sobre outros tipos de instalación: gas, calefacción e auga.
  • Casas domóticas: as novas tecnoloxías aplicadas ás instalacións do fogar dan lugar a un novo modelo de vivendas intelixentes. Os Departamentos de I+D das universidades traballan neste novo eido incansablemente. Que poderías facer ti para “domotizar” o teu fogar?

Tallercentral hidráulica ou eólica, con plásticos e outros materiais reciclados.

Contidos 3º trimestre

Unidade 6. TICs e Linguaxes de Programación

Unidade 7. Sistemas de control
  • Sistemas de control por computador. Elementos básicos de programación
  • Elementos mecánicos e eléctricos para o movimiento dun robot
  • Elementos de detección do entorno: os sensores
  • Linguaxe de programación Mblock


Contidos suprimidos
Unidade Produción empresarial
  • Definición: organización, institución ou industria que desenvolve un conxunto de actividades e emprega diversos recursos (financeiros, materiais, tecnolóxicos e humanos) para satisfacer as necesidades do seu mercado meta, xa sexa con ánimo de lucro ou sen el (ONG, asociacións, etc.)
  •  Tipos de empresa:
    • Sector: primario, secundario, terciario, cuaternario // industriais (extractivas ou manufactureiras), comerciais (minoristas, maioristas, comisionistas), servizos
    • Tamaño (número de empregados): micro (ata 10), pequena (11 a 49), mediana (50 a 250) e grande (máis de 250)
    • Ámbito de acción: local/comarcal, nacional, multinacional, trasnacional
    • Propiedade do capital: pública ou privada
    • Forma xurídica:  empresas individuais (pertencen a unha soa persoa, que pode responder fronte a terceiros con responsabilidade ilimitada ou só ata o aportado para a constitución: responsabilidade limitada ou EIRL; un autónomo é unha empresa individual de responsabilidade ilimitada);  sociedades, constituídas por varias persoas (a sociedade anónima, -cuxo capital social se divide en “accións” que poden poñerse á venda pública ou non, limitándose a responsabilidade de quen as adquira ó total de accións mercadas-, a sociedade colectiva, a sociedade comanditaria, a sociedade de responsabilidade limitada e a sociedade por accións simplificada SAS); cooperativas e outras organizacións de economía social.
      Podes ver aquí un sketch do grupo Chévere sobre os tipos de empresa, gravado na Ultranoite Cooperativa, Teo, 2010. É fundamental incidir no concepto da COOPERATIVA.

O proxecto: Cachatronic Coop., tamén en Jimdo!

Unidade Electricidade e enerxía: transporte e instalacións

Lembra que antes da avaliación terás que ter feitas as actividades dos bloques 7 e 8 do Boletín.

Para completar, suxiro que imprimas e resolvas os exercicios desta ficha
Extras:
  • Vídeo propagandístico pseudopedagóxico da General Electrics, A is for Atom, elaborado no 1952 para convencer á xente da utilidade da enerxía nuclear.

16 reflexións sobre “3º ESO

  1. o blog está moi ben porque asi sabemos o que imos dar durante todo o curso e conten bastante informacion e exercicios que nos serviran de axuda.

  2. esta bastante ben, o video da pila e o ferro esta moi chulo, creo que vai estar bastante ben as cousas que imos a dar…

  3. Hola, gustanos moito o Blog. Hay actividades moi interesantes e divertidas !

    🙂

  4. esta bastante ben, o video da pila e o ferro esta
    moi chulo, creo que vai estar bastante ben as cousas que imos dar…

  5. o blog gústanos pero creemos que hay moita peloteo!haha! que non pareza mal a nadie!
    un biko profesora! 🙂

  6. javi sabemos q señor x eres tu !
    si si es javi el d 2ºC hhahaha

Os comentarios están pechados.