2º ESO

Ola rapazada!

Aquí tedes o cadro de contidos do curso e os estándares de avaliación, así como as rúbricas coas que vos avaliaremos. Todos os exercicios que traballaremos durante o ano están neste boletín.

Para comezar, o imprescindible é crear unha conta de correo electrónico en gmail, o que nos permitirá un fluído correcto de información entre todos, amais da utilización das súas ferramentas de ofimática: Google Docs.

Traballaremos moito no taller, no cal hai que seguir as normas de utilización que verás na porta. Para cada proxecto que realicemos, haberá que entregar unha memoria técnica, que ha de ser dixital (un Google Documents), e está composta polos seguintes documentos:

  • Portada
  • Índice
  • Estudo inicial: problema de partida, proposta de solucións, bosquexo enriquecido (con detalles, medidas, cores…)
  • Planos acoutados (con medidas e regla; podes facelos na libreta e logo escanealos ou fotografalos para inserir no documento)
  • Follas de proceso de cada peza/parte do proxecto
  • Orzamento (folla de cálculo)
  • Avaliación: do produto final (resultado, defectos, melloras) e do proceso de traballo (do grupo)
  • Bibliografía e/ou referencias web

Contidos 1ª AVALIACIÓN

Unidade 1. Tecnoloxía. O proceso tecnolóxico

  1. A tecnoloxía como fusión da ciencia e a técnica. Ingredientes da tecnoloxía.
  2. Fases do proceso tecnolóxico
    1. Análise dun produto: formal, técnica, funcional e socioeconómica
    2. Definición do problema, busca de solucións e bosquexo. Especificacións técnicas e de seguridade de uso dun produto. Consideración sobre os materiais (materias primas, materiais, produtos tecnolóxicos)
    3. Deseño da solución: planos
    4. Deseño da solución: folla de proceso, diagramas de fluxo
    5. Avaliación e control de calidade
  3. O taller: ferramentas e máquinas (interesante animación en catalá). Normas de hixiene e seguridade no taller
  4. A memoria dun proxecto: maceta madeira para proxecto permacultura (curso 2017/18)
  5. Cuestións éticas e medioambientais do proceso tecnolóxico

Actividades complementarias:

  • Enche a táboa da ficha con debuxos de cada ferramenta
  • Fai un bosquexo da aula taller

_

Unidade 2. Expresión e comunicación gráfica

  1. Debuxo técnico: perspectiva cabaleira, perspectiva isométrica e sistema diédricoExercicios interactivos de Vistas dun obxectoObtención das vistas a partir das pezas. Modelado de pezas a partir das súas vistas. Visualización e modelado de pezas en 3DConstrúe pezas e obtén as súas vistasExercicios de autoavaliación
  2. Normalización. Vídeo: que é unha escala?Escalas normalizadas
  3. AcoutamentoPodes repasar como se obteñen vistas e se acouta con estes exercicios de IES La Aldea
  4. Constrúe as túas pezas
  5. Instrumentos de medida: o calibre. Practica neste enlace medicións con 6 calibres diferentes (pincha na icona “test” e enche o cadro branco)!
  6. Intrumentos de medida: o nonio. Partes dun nonioexercicios interactivos

Actividades complementarias:

  • Para completar o tema de vistas, propóñovos que intentedes obter as que aparecen aquí; cando rematedes (sen trampas!!), podedes comprobar por vós mesmos que as solucionastes ben nesta páxina. Unha mellora que vos axudará: facede sempre as liñas auxiliares, con liña fina e continua.
  • En educacionplastica.net propóñenvos exercicios interactivos. Debuxa co rato! e se non foi abondo, na mesma páxina ofrécenche descargar láminas de vistas. Podes facelas no teu caderno e preguntar á profe se están ben.
  • E para rematar o tema dun xeito divertido, quen se atreve con este Tetris 3D?

Unidade 3a. Materiais. Libro Abalar sobre materiais de uso técnico

  1. Materias primas, materiais e produtos tecnolóxicos.
  2. Clasificación das materias primas segundo a orixe: naturais (vexetal, animal, mineral) e sintéticas.
  3. Propiedades dos materiais de uso técnico:
    1. Físicas: condutividade eléctrica, condutividade térmica, propiedades ópticas, acústicas, magnéticas
    2. Mecánicas: plasticidade, elasticidade, maleabilidade, ductibilidade, tenacidade, fraxilidade, dureza, brandura.
    3. Químicas: corrosionabilidade, oxidabilidade.
    4. Ecolóxicas: biodegradabilidade, toxicidade, reciclabilidade

Actividades:

Unidade 3b. A madeira e os seus derivados

Este tema está exposto de foma moi completa nesta Wiki

  1. A madeira: obtención e propiedades xerais. Partes dunha árbore. Árbores. Clasificación das madeiras. Curiosidade: análise dun tronco.
  2. Proceso de obtención da madeira. Talla, transporte e secado.
  3. Derivados da madeira: madeiras prefabricadas e materiais celulósicos. Procesos de obtención, propiedades características e aplicacións (papel, cartón, aglomerado, contrachapado…)
  4. Ferramentas, máquinas e útiles necesarios. Descrición. Técnicas básicas para o traballo coa madeira e os seus derivados: unión (tipos) e acabados (tintes e vernices, produtos -carcoma e polilla-) . Imaxes das ferramentas
  5. Bosques galegos: madeiras autóctonas e importadas. Actual explotación da madeira: construción, navigación, mobles, calefacción (lareiras tradicionais e caldeiras de pellets). Árbores senlleiras de Galicia. Catálogo de madeiras máis vendidas de España. Presentación e xogos de nenos
  6. Madeira e medioambiente: explotación de bosques, comercio de madeiraextracción de madeiras e bosques tropicais en venta. Presente, pasado e futuro dos bosques. Deforestación e consecuencias da deforestación masiva. España e a deforestaciónOs perigos do monocultivo. O caso do eucalipto galego. Incendios. Dendroenerxía e biocombustibles

Actividades complementarias:

Unidade 3c. Materiais metálicos Libro Abalar sobre metais

  1. Os metais (blog). Propiedades. Teoría e práctica das explotacións mineiras…
  2. Obtención e clasificación dos metais
  3. Metais ferrosos: ferro, aceiro e fundición. Obtención, propiedades características e aplicacións máis usuais. Siderurxia.
  4. Metais non ferrosos. Clasificación de pesados, lixeiros e ultralixeiros, e aliaxes correspondentes. Obtención, propiedades características e aplicacións máis usuais. Obtención Aluminio (electrólise).
  5. Técnicas de conformación dos materiais metálicos. Aplicación CDP: trefilado, calandrado, moldeado, forxado, extrusión, estampación, inxección
  6. Técnicas de manipulación dos materiais metálicos. Aplicación CDP: tradeado, fresado, rectificado, erosionado
  7. Unións nos metais: fixas e desmontables. Aplicación CDP: aparafusado, soldadura (arco, gas, contacto)

Actividades complementarias:

Unidade 4a. O ordenador

  • Elementos dun equipamento informático:
    • Hardware: CPU, conectores e portos, periféricos (entrada e saída)
    • Software: SO e software de aplicación. Softwares abertos, gratuítos e privativos
  • Ferramentas e aplicacións básicas para a procura, descarga, intercambio e publicación de información:
    • Navigadores: Chrome, Mozilla, Linux
    • Buscadores: Google, Yahoo, Bing…
    • Transferencia de ficheiros: Dropbox, Mega, Drive…
  • Suites ofimáticas:
    • Microsoft Office: Word, Excell, Power Point
    • Open Office: Write, Calc, Impress
    • Drive
  • Procesadores de texto. Utilización de ferramentas avanzadas: creación de táboas, emprego de distintos formatos, inserción de imaxes e formas de vinculación destas. Google Docs como suite ofimática
  • Deseño de presentacións: operacións previas, traballo con vistas, deseño de diapositivas, efectos, transicións e intervalos, animación de obxectos e textos, inserción de elementos multimedia (películas e sons). Subida á web: slideshare e slideboom. Recetas para non durmirnos nin perdernos vendo unha presentación.
  • Medidas de seguridade no uso de intercambio de información
  • Transferencia e aloxamento de ficheiros. Marco legal para a distribución dos contidos: protección dos dereitos de autor. Licenzas de uso e distribución de software. Copy left
  • Sofware util:
    1. Xestores de fotografías: photopeachflickerpicassa e presentacións: slideshare.
    2. Editores de xogos: educaplaymystudiyogo animate, son: audacity e vídeo: womble.
    3. Edición de wikis educativas: wikispaces

E para rematarmos, para alumnado de 2º e 3º, unhas actividades interactivas.

Contidos 2ª AVALIACIÓN

Unidade 5. Estruturas

  1. Actividade previa: as estruturas de Venecia
  2. Estruturas. Estruturas naturais e artificiais.
  3. Condicións das estruturas: indeformabilidade, resistencia e estabilidade. Triangulación
  4. Tipos de estruturas: masivas, laminares, trianguladas, colgantes, abovedadas, neumáticas, xeodésicas.Tipos de estruturas: masivas, abovedadas e de armadura 
  5. Definición de carga: cargas fixas e variables. Concepto de tensión interna e de esforzo.
  6. Tipos principais de esforzos: tracción, compresión, flexión, torsión e cortante
  7. Principais elementos das estruturas artificiais: forxado, viga, piar, columna, cimentación, bóveda, arco, lintel, tirante, arcobotante, contraforte, etc..
  8. Construción: elementos da estrutura, muros, cimentación
  9. Ficha de exercicios de estruturas Cachatronic

Actividades complementarias:

  • Podes ver outros vídeos como o que se puxo ó inicio do tema (“Desmontando a cidade”, Discovery Max): Venecia, Dubai, San Francisco
  • Bota un ollo a materiais feitos por alumnado de cursos pasados: wiki sobre estruturas das alumnas de 2º ESO no curso 2008/09.
  • Exercicios sinxelos de repaso: proba coas actividades número 2, 5, 6, 8, 9, 12, 14 e 15 do seguinte enlace.
  • Minecraft: un videoxogo marabilloso para deseñar as túas propias estruturas. Eis a versión para ordenador. Para móbil tamén a hai!
  • Para os que rematedes moi axiña, se aínda non podemos ir a taller, aquí vos deixo unha morea de xogos na páxina de Physics Games; escolle un sobre estruturas… e a xogar!

Unidade 6. Máquinas e mecanismos

Actividade previa: identifica mecanismos neste videoclip de OK go

  1. Máquinas e mecanismos: definición e clasificación. Vantaxe mecánica.
  2. Máquinas simples: roda e eixo, cuña, panca, plano inclinado, torno/parafuso e polea.
  3. Mecanismos de transmisión e transformación do movemento:
    1. Transmisión lineal: polea fixa e móbil.
    2. Transmisión circular: rodas de fricción, engrenaxes.
    3. Transformación lineal-circular: polea e correa, cadea e piñón, engrenaxes, parafuso sen fin, biela-manivela, cegoñal, leva-seguidor.
  4. Descrición e funcionamento básico dos motores térmicos e eléctricos.
Actividades complementarias:

Contidos 3ª AVALIACIÓN

Unidade 7: Electricidade 

  1. Corrente eléctrica. Circuítos eléctricos. Esquemas de circuítos eléctricos. (Ver páxina de María L)
  2. Elementos dun circuíto eléctrico: xeradores, receptores e elementos de control e protección. Instrumentos de medida.
  3. Magnitudes eléctricas. Lei de Ohm.
  4. Circuítos en serie e en paralelo.
  5. Normas de seguridade ao traballar coa corrente eléctrica.
  6. Electromganetismo e xeración de corrente.

Actividades complementarias:

  • No seguinte vínculo de Edenor podedes repasar os conceptos e ó final hai uns xogos divertidos para aprender disfrutando!
  • Neste artigo de María L. en EducaconTic tedes moitas aplicacións para simular os vosos circuítos online; particularmente útil é o Ohm Zone para comprender a Lei de Ohm e o DC Lab para realizar comprobacións co polímetro.

Unidade 4b. O ordenador. Linguaxes de programación

  1. Introdución á informática. O ordenador: elementos internos, compoñentes e funcionamento básico
  2. Software e sistema operativo
  3. Recursos informáticos: copy right e copy left
  4. Programación: comandos, bloques, visual.
  5. Curso MOOC de Scratch:
  6. O ordenador e o medio ambiente: xestión do lixo informático


Ata agora, estudabamos os procesos enerxeticos…

Xeneración e transporte (EXPOSICIÓN ORAL)

    1. Efectos da corrente eléctrica: calor, luz e movemento. Efectos electromagnéticos. As lámpadas de baixo consumo. As luces LED
    2. Aplicacións da lei de Ohm
    3. Obtención e transporte da electricidade
    4. Biocombustibles
    5. Enerxía e Centrais. Descrición e tipos. Centrais convencionais de enerxía non renovable (térmicas de carbón e gas) e renovable (hidroeléctricas); centrais non convencionais de enerxía non renovable (nucleares) e renovable (solares, eólicas, de mareas, xeotérmicas, biomasa…)
    6. Enerxía e medioambiente: José Vicente Barcia, coordinador da Plataforma por un Novo Modelo Enerxétco, recollida no programa Coordenadas do 5 de novembro de 2013 (min 10, aprox). 

  1. Eficiencia enerxética

Voltar á páxina principal

37 reflexións sobre “2º ESO

  1. a vrdade a nos este tema do calibre gustanos o q pasa e q e un pouquiño dificil d entender……..

  2. profe ai k comprar novos ordenadores xfa k xa son do ano da pataca e
    veña muac pa mellor profe do insti e ponme un 10 k tkm e non fajas k este sentimento cambie jejeje

  3. Profe o do puente e super chungo…
    Pero cando volvas xa no lo explicaras!
    ^*^LuCiA^*^ **MiRy** ii “AniTaH”

  4. aeR,,, esTo staa muii aBanDoonaaDoo dee dioS ehh!
    teneeiS Q fiiRmaaR maaS Q sinOn imoS tooDooS aa qiebRaa !
    jajaja
    enGaa Q non aii temPiiñoo Q ai Q esTuDiaaR teCnooLooGiia ! :'(
    ( indiiRecTaa paaRaa a pRoofee )
    bkSS ^^
    laauRaa…*

  5. profe espero k ste examen no sea tan dificil como el d la otra evaluacion x k si n lla nos veo a todos en septiembre…

    bks

    alexandra xDxD

  6. Me gustan todas las entradas, por que entiendo mejor las cosas, al contrario que con la otra profesora ,a la que no le entendía casi nada.
    No la hecharé demenos pero le tengo respecto.
    Espero aprobar la avaliación y esperemos que la profe no sea tan mala como dice.

    Lorena 2A

  7. O tetris 3d e moi divertido pero solo ao principio,despois complicase e a cousa cambia.
    Ainda asi esta ben para pasar un bo rato.

  8. o calibree e un instrumento moi fácil de utilizar que fariamos sen el?
    resposta:nadiñaa

  9. O blog está bastante ben e, o xogo do tetris 3D gustoume moito pero é moi complicado.

  10. o tetris 3D mola moito e fixen moi boa puntuasion e de momento bou de 15

  11. este blog esta moi bn estructurado!!!!

    e parece k o temario de este curso vai a ser entretido!!!

    bss

    david

  12. mima profe xa me podedes alavar ke oxe fun o mellor do dia xojando o tetris

  13. A min o xogo do tetris 3D paréceme moi divertido e, o blog está moi ben organizado.

Os comentarios están pechados.