4º ESO

Último curso!!

Aquí tedes o cadro de contidos do curso e os estándares de avaliación, así como as rúbricas coas que vos avaliaremos. Utilizaremos como referencia de exercicios e prácticas o seguinte boletín; nel hai explicacións teóricas, así que recoméndovos que o imprimades e o teñades no caderno.

Unidade 1. Electricidade e electrónica

De EducaconTic tirei este útil artigo de María L. sobre simuladores de circuítos online. Podedes xogar con varios deles para ir practicando o que aprendemos en teoría e ensaiamos no taller, particularmente co Circuit Lab!

O curso pasado empezamos a estudar a electricidade, ese fluxo de electróns ao longo dun condutor, e os seus efectos: luz, calor, movemento. Imos aló agora cos conceptos da unidade, pero antes lembremos como funciona un polímetro.

Para rematar, déixovos un enlace no que ver o guión das prácticas de electrónica que realizaremos no taller, que tamén tedes no boletín de exercicios do curso.

(Complementos: caderno de prácticas do IES Pedro Simón Abril e prácticas de IES Garachico)

Unidade 2. Electrónica dixital

  • Por que nos interesa tanto a electrónica dixital? a través dela, pode reducirse calquera información a un código limitado. Particularmente, se empregamos o binario, teremos calquera cantidade (numérica ou alfanumérica) expresada en función de “1” (“hai tensión”) e “0” (“non hai tensión”). Estes valores simples son os denominados bits, e un octeto de bits coñécese como byte. Infórmate máis sobre o tema co monográfico Así funcionan os bits
  • Bos apuntes sobre o tema: os do profesor Antonio Bueno ou os de Jesús Ángel Tendero
  • As variables dixitais poden sumarse (OR), multiplicarse (AND), negarse… para isto utilízanse uns operadores denominados portas lóxicas: aprende en Educaplus: portas lóxicas como funcionan
  • No taller imos realizar exercicios prácticos de implementación de portas lóxicas. Nesta animación tés interesantes exercicios interactivos
  • Os circuítos da aula poden representarse utilizando o editor online Logicly, o cal nos permite non instalar ningún programa no ordenador. Mediante o Logic Circuit Test tamén poderás crear táboas de verdade e averiguar as funcións lóxicas de saída

Unidade 3. Tecnoloxías da Comunicación

A presentación da primeira avaliación versa sobre o mundo das comunicacións: recoméndovos que comecedes o tema lendo estes apuntes do IES la Aldea, e que ó rematar resolvades os exercicios interactivos que nos propoñen desde o CNICE.

As infografías da páxina de Eroski explícanvos magnificamente o funcionamento de DVD, TV, mp3, etc. Ademáis disto, velaiquí uns recursos para as presentacións:

De xarxatic.com extraín este pdf sobre teoría de comunicación e ondas:

Unidade 4.Instalacións na vivenda

Cidades que pensan: un pequeno documental de Informe Semanal:

Unidade 5. Control e robótica

Extras:

  • Supermán e os Monstros Mecánicos, animación de presuposto elevado realizada por Paramount Pictures no 1941; captura magnificamente o sentemento da “Era da TecnoParanoia”, que durou dos 40 aos 70, e nos que había un intenso debate sobre os perigos e beneficios da Tecnoloxía. Botade un vistazo aos robots que propoñían e comparade coa realidade actual, e coa Ciencia Ficción e o Anime de hoxe.

Eis uns sinxelos apuntes de WinLogo con exercicios que debedes imprimir e entregar.

Para afondar no mundo da robótica podemos traballar coa webquest Sueños de Robot, do profesor Víctor González.

Noutros cursos visitamos PSA-Citröen para completar este tema; hoxe xa non está permitido, pero a pesar de todo, podes facer unha visita virtual combinando o vídeo da nosa última visita e esta animación da súa páxina web.

Unidade 6. Pneumática e hidráulica

Unidade 7. Historia da Tecnoloxía (EXPOSICIÓN ORAL)

É fundamental que nas vosas exposicións relacionedes cada era histórica e os seus modelos sociais cos sistemas de produción tecnolóxicos. Faredes vídeos do estilo de este ou este 😉