Setembro

Xa temos data do exame: será o venres 1, ás 17.30

Lembrade traer regla, lapis, bolígrafo e calculadora; seravos moi útil ter resolto os exercicios que tedes na libreta e nos boletíns da aula (están pendurados no comezo de cada páxina de 2ºESO – 3ºESO – 4ºESO deste Cachatronic).

Co boletín de notas levastes un resumo dos contidos principais dos que vos examinaredes, así que mirádeos ben.

Estudade algo… pero sobre todo, descansade e tomade aire para mergullarvos no próximo curso!