Nace RadioCach

Estamos rematando unha serie de programas de contidos Tecnolóxicos, e para iso, un par de consellos:

 

1. Os aspectos lingüísticos e de comunicación que vixiar na narración


2. A ferramenta: un editor online gratuíto (Spreaker)

Por Alejandra Melón e Raquel Romero

Visita á Facultade de Camiños e ó Bricolabs

A saída a Coruña co alumnado de 3º deste ano foi moi produtiva, e agardamos que se espertaran vocacións profesionais con ela!

Na Facultade de Camiños vimos os diferentes laboratorios de ensaio, onde se fan probas e maquetas para logo construír diques, portos, pontes… Desde hai un ano a Facultade conta co túnel de vento máis potente de España, e aínda que nós o pillamos co sistema informático danado puidemos facernos unha idea da magnitude do ensaio.

Pola tarde fixemos unha breve pero ilustrativa e divertida visita ó Bricolabs, un laboratorio de fedelleir@s sito na Domus na que alucinamos coa de pequenos inventos que todos e todas podemos facer nas nosas propias casas a un coste ben baixo.

Imprimindo casas

As tecnoloxías de impresión 3D melloraron tanto como para construír vivendas en tan só 24 horas e en condicións extremas de temperatura. Botade un ollo a este vídeo onde se explica como facelo, empregando materiais innovadores e de alta calidade e con acabados instantáneos: