Os nosos proxectos na computadora

Estes días estamos vendo, en 2º e 3º, os fundamentos do uso da informática para elaborar proxectos. Cómpre reparar nas seguintes consideracións:

  1. Existen sistemas operativos e softwares abertos e pechados, e responden a 2 filosofías ben diferentes: vos elixides cal é a vosa!
  2. Se escolledes traballar coa suite ofimática online Drive, sabede que estades ante un software gratuíto pero non aberto: non pagades por el pero non tedes o control do que facedes, nin podedes acceder ou modificar o código. Deste xeito, toda a información que metades na aplicación (Google) será utilizada para o que eles estimen oportuno (maiormente, publicidade)
  3. Non podedes usar imaxes, vídeos nin audios que non sexan da vosa propiedade ou reutilizables! O material aberto ó seu uso é o coñecido como Copy Left, e sempre temos que citar ó autor. A axencia máis recoñecida de material copy left é Creative Commons (CC), e recoñécese polo seu logo. Todos podemos subir vídeos e imaxes con esa imaxe, e así permitir que outros as usen. 
  4. Hai unha morea de páxinas para obter imaxes, vídeos e cancións CC, investigade. Particularmente, en Goolge Imaxes poden seleccionarse a través de “Máis ferramentas, etiquetadas para reutilización”, e en Youtube a través de “Filtros, características, Creative Commons”.
  5. Facer unha presentación, finalmente, non debe ser como pegar apuntes nun documento. Hai que preparar moito o que se vai dicir, ter claro qué imos transmitir. Introducir o tema, explicalo ben, e logo concluílo. Usar moitas diapositivas con pouca e clara información en cada unha. Tipografías, cores e imaxes claras. Na seguinte presentación tedes unhas claras instrucións de qué facer e qué non facer!

Portas de garaxe automatizadas

En 2º estamos traballando con mecanismos e electricidade para fabricar maquetas de portas que se abren automaticamente. A idea é utilizar un mecanismo de parafuso sen fin ou piñón-cremalleira, un circuíto con cambio de xiro e, os grupo avanzados, fins de carreira:

cambioxiroconfindecarreira

 

Aquí tedes algunha das maquetas construídas polo alumnado:

Videotitoriais de LEGO en 4º ESO (proxecto STAR Cach)

Nesta segunda avaliación, e mentras o alumnado de 2º e 3º traballaba en maquetas que automatizar o próximo trimestre, o alumnado de 4º estivo aprendendo a manexar LEGO. Como mostra, aquí vos quedan os seguintes videotitoriais que explican como resolver determinados retos (lembrade que na web do STAR Cach atoparedes toda a información de como nos vai con este proxecto de programación e robótica do Departamento).