Sabes que e como reciclar?

Según nos indican neste artigo de Eroski, en 2014 alcanzouse en España unha taxa de reciclado do 73,7%, pero aínda nos queda moito por mellorar.

Un dos aspectos nos que se pode axudar é na diminución dos denominados residuos impropios: os residuos depositados de forma equivocada no contenedor de reciclaxe. No 2014 rexistrouse un 29,9% de impropios nos contenedores marelos no nosos país. Os exemplos máis frecuentes foron: coches teledirixidos, táboas de planchar, cintas de vídeo VHS ou CD, etc.

Se queres axudar a mellorar o medioambiente, aprende que se pode reciclar e cómo.

Co obxectivo de reducir estes impropios anunciouse un novo símbolo de reciclado de envases, un sistema voluntario na súa aplicación e sen costes adicionais para as compañías. O símbolo vai aparecer de forma visible nos envases máis habituais:

Imaxe: Ecoembes

 

O refuxio da fraga, unha instalación solidaria cos refuxiados para Nadal

Estes días estivemos traballando na instalación “O refuxio da fraga”. Trátase dunha exposición de árbores de nadal elaborados con materiais reciclados (madeiras e metais, de acordo co temario de 2º da ESO) para homenaxear e lembrar, nestas datas de Nadal, ós refuxiados que veñen a Europa.

O proxecto é interdisciplinar (Tecno, Cidadanía e Relixión) e foi desenvolto ó longa da 1ª avaliación. Aquí tedes imaxes do proceso de construción e a presentación que utilizamos o día da inauguración (11 de decembro).

Á inauguración acudiu Muhammed, médico sirio que veu contar ó alumnado de 2º a súa experiencia como refuxiado. Da nova fixéronse eco a Voz de Galicia e o Correo Gallego.

IMG_20151211_130656IMG_20151211_124403

20 D: en qué afectan as eleccións á Tecnoloxía

Proximamente celbraranse eleccións xerais ó Parlamento Español. Hai debates moi importantes sobre a mesa, algúns moi relacionados coa Tecnoloxía. Por exemplo: o tipo de xestión enerxética que se vai facer. Neste artigo de eldiario.es faise unha análise deste tema: aínda podedes arañar un positivo se nos enviades un comentario personal ó respecto. Un comentario ben razonado, fundamentado e escrito, claro! O ideal é que o relacionedes coa Cumbre do Clima de París e as súas controversias e que faledes do que son esas medidas en contreto (fracking, incentivos ás renovables, etc)

Captura de pantalla 2015-12-08 a las 22.24.06