Galiciencia 2015

O noso centro foi elixido para viaxar a Ourense e visitar, gratuitamente, a exposición de proxectos científicos e tecnolóxicos Galiciencia. Foi unha interesante actividade que promoveu nos Tecnólogos de 2º da ESO o seu espíritu máis cachatrónico (ver fotos). Para o ano, expoñemos nós! 😉

Nikola Testa 2º ESO

Segundo lemos en Praza hoxe mesmo, o pasado venres a Consellaría de Medio Ambiente remitiulle á Dirección Xeral de Costas o informe sobre a planta de Ence en Lourizán, un documento que -como se esperaba- defende que a factoría cumpre con todos “os preceptos e parámetros ambientais” e que despexa un pouco máis o camiño para que a instalación reciba unha prórroga para a súa continuidade máis aló de 2018.

Nos meses pasados, a Federación de Asociacións de Veciños e a Asociación pola Defensa da Ría, xunto con outras entidades ecoloxistas e sociais, botaron a andar unha campaña contra a permanencia do complexo de ENCE en Lourizán e pola recuperación da ría de Pontevedra. Entre outras cousas, publicaron un “Libro Branco” con 84 preguntas e respostas que explican por qué cren que habería que pechar esta factoría.

En 2º estamos vendo o tema de Madeiras, polo que a Nikola Testa ocurríuselle que podía facervos unhas preguntas sobre esta factoría tan controvertida.

  1. Cantos cartos pode reportarlles ós propietarios de ENCE quedar na ría? Por que aforran tanto?
  2. O monocultivo de eucalipto: cres que o feito de que a cantidade de eucaliptais nas nosas costas tén que ver con esta empresa? Cres que o prezo do eucalipto sería o mesmo se os seus propietarios viviran exclusivamente da venda dos mesmos? Existen, finalmente, outras industrias ás que se poidese vender o eucalipto galego?
  3. Na túa opinión, o eucalipto podería utilizarse para outros fins menos contaminantes que a produción de pasta de papel?
  4. Que podería facerse para dar emprego á xente que actualmente traballa na planta de ENCE?