Nikola Testa curso 2015-16

Como xa vos anunciamos nas aulas, temos que asegurarnos de que se practica a lectura na nosa materia. Ler non consiste somente en debullar novelas, sen’on en entender textos e constru’ir razoamentos a partir dos mesmos.

Para isto, no Dpto. seguiremos utilizando os Nikola Testa: retos ou preguntas que vos fai o robot Nikola e que debedes solventar a partir de lecturas indicadas. Imos comezar co primeiro do curso: serve para todos os niveis, e sube un 0.2 na nota se enviades a resposta correcta e ben razonada a moreiras.cachada@gmail.com ou flor.cachada@gmail.com

En eldiario.es aparece este interesante artigo sobre o software, e relacionado con el, quixeramos que nos contestarades:

  • Que entendes por “caixa negra de software”?
  • Que 2 tipos de software existen e en que se diferencian?
  • Que marcas de automobil di o artigo que tiveron problemas relacionados co software? En que consistiron os problemas?
  • A parte dos coches, hai problemas en muitos outros aparatos. Cales podes citar? Cres que lg’un da t’ua casa pode estar nesa categor’ia?
  • En que consistiu o esc’andalo Ashley Madison?
  • Quen ‘e Snowden e que importancia t’en no mundo do software libre?
  • Por que se di que estamos vivindo unha crise de caixas negras de software, e cal cres ti que pode ser a soluci’on?

 

Comezamos o curso con boas novas: 1º premio no concurso Recicla Sogama

O pasado venres 18 de setembro celebrouse no noso insti o acto de entrega do 1º premio do concurso Recíclate Sogama. Gañámolo a través do proxecto Reduciclando que a profe de Tecno Flor Domínguez coordinou o pasado curso. Parabéns a todos os participantes! (Ver noticia Voz de Galicia)

O premio, un vale de 500€, veu entregalo persoalmente o presidente de Sogama, e deberá canxearse por produtos do Corte Inglés. Mágoa que non nos deixen invertilo en comercio local!