Reduciclando

Parabéns ó equipo de Flor que estivo todo o curso traballando arreo no Reduciclando, un Proxecta de Sogama para sensibilizarnos coa necesidade de separar residuos e reciclar. Grazas por ternos deixado colaborar, Flor!

Captura de pantalla 2015-06-12 a las 16.11.18

Nikola Testa 2º ESO

Benquerid@s amig@s:

Eu, Nikola Testa, quero axudarvos a convertirvos en Super Tecnoheroes, e de paso, a que aforredes cartos na vosa vida cotiá sendo sensibles co medio ambiente. Hai moitos xeitos, desde considerar substituír enerxías convencionais por alternativas ou compañías abusivas por cooperativas con conciencia (Nosa Enerxía), ata reformular a necesidade e uso de moitos dos electrodomésticos que tedes na casa, mellorando o nivel de eficiencia enerxética. Vai haber dificultades! Pero nada que vos poida facer rendervos, super Tecnoheroes. Creade (e compartide coa profe) un documento Google Drive coa seguinte información:

  1. Valorade como salvar o planeta pasándonos ó uso de enerxías renovables.
  2. Quen é o supervillano? comentade este audio (min 10 aprox)…
  3. Estudade medidas concretas de mellora da eficiencia enerxética no voso fogar. Poñede exemplos prácticos e reais!