Probando cos drons

Hoxe estivemos montando e probando drons co enxeñeiro de aeronáutica Tito García, quen veu desde Venezuela amosarnos como funcionan. Toda unha experiencia, gracias Javi Bao (el foi quen o fixo posible!)

Charla sobre gamificación

O pasado martes 21 de abril veu ó noso instituto Daniel Pizarro, profesor de Tecnoloxía do IES Alexandre Bóveda e experto en TICs no ensino, para desenvolver un obradoiro sobre aplicacións pedagóxicas de videoxogos. O alumnado destinatario foi o grupo de Biblioteca e as rapazas do Proxecta TÍCaras, e a actividade foi coordinada por Andrea Herrero e Ana Moreiras.

O obxectivo da súa visita foi impartir unha charla sobre as posibilidades educativas dos videoxogos no ensino (a “gamificación”), aportando exemplos prácticos e promovendo unha interesante reflexión colectiva que, nos días que corren, era máis que oportuna. De acordo con Daniel Pizarro, é insensato obviar que os videoxogos forman parte da realidade cotiá do noso alumnado, e cre que a mellor estratexia pedagóxica é incorporalos ás nosas aulas e traballar con eles competencias básicas (creatividade, científica, autonomía, interacción co medio) e valores como o respecto ós dereitos de autor (os xogos que nos enseñou poden desenvolverse en Linux). O profesor non eludiu falar dos aspectos negativos do xogo (aillacionismo, perda de contacto coa realidade, enganche), pero citou estudos de expertos en divulgación científica (Steve Pinker) segundo os cales a violencia no “primeiro mundo” descendeu obxectivamente, o que rebate as teses de que as consolas fomentan a agresividade.

Na charla falouse das posibilidades didácticas dos xogos no que atinxe a desenvolvemento do pensamento lóxico e lateral, e do seu efecto minimizador da fenda de xénero nas TIC. Daniel Pizarro tróuxonos xogos centrados no eido das artes audiovisuais e plásticas (Monument Valley, Limbo), no da programación (Lightbot) ou no das narrativas alternativas (Journey, Mountain, Dear Esther); xogos para a estratexia e exploración de mundos (The quest for the rest), a competencia tecnolóxica (Minecraft Edu, Fez e Braid), etc.

O interese que suscitou a súa charla entre alumnado fai que consideremos unha segunda quenda do obradoiro para xuño convidando nesa ocasión a profesorado de centros da contorna.

IMG_20150421_131620IMG_20150421_173955

Lámpadas artísticas

O alumnado de 3º estivo traballando nunhas lámpadas moi orixinais que combinan o deseño gráfico (os rapaces deseñaron as pantallas con Gimp) e a electricidade. O modelo pasóunolo o excompañeiro Lolo Garrido, un artistazo 😉

Aquí vos quedan algunhas imaxes:

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

Visita a Citröen (9 abril 2015)

O pasado 9 de abril visitamos co alumnado de 4º as instalacións de Citröen en Vigo. Aquí tedes imaxes da visita. Toda a información podedes tirala das presentacións de 4ºB (Ángela Sánchez, Bárbara Muñiz, Anxo Vidal, Borja Buján, Raquel Ares) ou 4ºC (Álex Davila, Brais do Carmo, María Sánchez e Diego Castro).

A continuación tedes unhas fotos da xornada, e máis abaixo, a experiencia descrita por Suso Montero, de 4ºC
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

PSA Peugeot Citroöen comeza a súa actividade en Vigo en abril de 1958 como a marca Citröen Hispania. A plantilla inicial rondaba o centenar de traballadores. O factor máis determinante para que a marca francesa se situase en Vigo foi pola gran conexión marítima da cidade. Un ano despois, a fábrica trasladouse á chamada planta de Balaidos. Neste segundo ano, a produción incrementouse chegando aos 1700 vehículos. En 1975 Peugeot adquire o 90% do capital de Citröen dando lugar á creación do grupo PSA. A partir de aquí, as plantas producen indistintamente modelos das dúas marcas.
Con máis de 55 anos de actividade, o centro de Vigo é unha das principais plantas de produción do grupo PSA Peugeot Citröen e un dos piares básicos da economía galega. Esta planta produce 3 vehículos por minuto, 406.500 ao ano, unha cifra increible e escalofriante. Conta cunha plantilla de 6.900 empregados, cifra que se viu reducida pola chegada da crise. As súas exportacións representan para Galicia o 23.3% das súas.
O centro de Vigo é unha das plantas terminais do grupo na que se desarrolla todo o proceso de produción dun vehículo, comprendido en 4 unidades:
-Embutición: este taller representa o inicio do proceso de fabricación dun vehículo. Aquí a chapa é transformada nas diferentes pezas que compondrán a carrocería.
-Ferraxe: aquí as distintas pezas de chapa únense, mediante soldadura láser ou por puntos eléctricos, para formar a estrutura do automóbil. É o sector máis automatizado.
-Pintura: neste taller cada carrocería recibe tratamentos específicos, fosfatación e cataforesis, para facela o máis resistente posible frente aos axentes atmosféricos e mecánicos.
-Montaxe: neste taller se ensamblan 6 modelos diferentes que son os Citröen C4 Picasso, Grand C4 Picasso, Berlingo, C-Elysee, Peugeot Partner, 301. Montaxe concentra a maior parte do persoal.
Da produción total do Centro, o 85% destínase á exportación. Os vehículos producidos na planta distribúense a un total de 90 países dos 5 continentes aínda que os destinos máis destacados son europeos, por exemplo Francia, Gran Bretaña, España, Irlanda e Alemania.
Existen outros dous centros de produción na Península Ibérica que son o de Madrid e o de Mangualde. Os tres xuntos forman o Polo Industrial Península Ibérica. En total produciron 492.000 vehículos e teñen unha plantilla de 9.300 traballadores, sendo a máis grande en todos os aspectos a de Vigo.

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

Proxecto plaia (recollida e calibración do refugallo)

O alumnado de 4º PDC leva todo o curso traballando nun proxecto ecolóxico xunto á profe Flor. Recollen e pesan o lixo que atopan na praia de Barraña, separándoo en función da súa composición/orixe.

praia

Aquí tedes unha presentación onde volo contan todo en imaxes (queremos incrustala pero xa sabedes que o Blogaliza anda tonto…), e aquí os resultados da recollida en gráficas. Lembrade: concienciémonos de que o mar é noso!

 
grafica praia