TecnoRecycling

Estes días restauramos 2 vellas mesas de madeira e recuperamos equipos de TV e DVD. Agora temos 2 lugares portátiles onde visibilizar todo o que se vai facendo no centro… sempre que alguén se anime a montar vídeos ou traer DVDs! 😉

IMG_20150325_141303 IMG_20150325_141247

Instalación “As mulleres da Terra do Sacho”

O alumnado de 2º e 4º de Tecnoloxía estivo traballando esta semana nunha exposición adicada á Muller traballadora, cuxo día se conmemora este domingo día 8.

Un grupo de rapazas e rapaces de 2º, comandados por Manuel Tubío e Pablo Nieto, elaboraron unha moderna estantería que nos servirá para exposicións e instalacións como a que se inaugura este luns: un conxunto de fotos sobre mulleres traballando no mar, todas elas familiares do alumnado de 2º e 4º. O grupo de Extraescolares de 4º encargouse de ambientar a instalación aportando os carteis explicativos, nasas de rede antigas, legoña, e latas de conserva que todo o alumnado decorou con conchas. Unha fermosa poesía de Luisa Castro escollida no EDL completa a exposición. Aquí tedes todas as fotos aportadas e un vídeo que conseguiu Sofía Otero, así como imaxes da montaxe da estantería.

IMG_5792

Para completar a exposición, o profe Eduardo Estévez aportará un conxunto de imaxes de mariscadoras que nos presta a Asociación Olláparo. A actividades está coordinada polo EDL e enmárcase na liña de traballo do centro co Encontro de Embarcacións Tradicionais que se celebrará en xullo no Cabo da Cruz. Esperamos que vos guste!!