Visita á TVG, CESGA e CIMUS con 4º ESO

O alumnado de Tecno e Informática de 4º fixo hoxe unha triple e interesante visita, miras as fotos e vídeos:

Aprendimos varias cousas, e sobre elas propóñovos unhas cuestións. Respondelas sube nota. Poden aparecer nos exames desta avaliación:

  1. TVG
    1. É un ente público que comezou a emitir no 1985 e que a día de hoxe tén 3 canais dixitais que poden verse en Europa e América. Cal é o satélite co que se traballa actualmente?
    2. Para gravar e emitir un programa requírese un proceso que implica a moita xente: redactores e produtores na fase previa, montadores na postprodución, e diversa xente dentro e fóra do plató durante a gravación: xornalistas, cámaras, rexedor, personal de maquillaxe e vestiario… Cal é a función do rexedor?
  2. CESGA
    1. É un dos 40 centros de supercomputación que dan soporte ó CERN, laboratorio de investigación de física sito entre Suíza e Austria, no que o ano pasado se constatou a existencia do Bosón de Higgs. Que investiga o CERN? 
    2. Realiza 2 tipos principais de traballo: ferramenta de potencia de cálculo para simulación e modelación; ferramenta de exploración de datos. Que empresas contratan os seus servizos en cada unha destas categorías? 
    3. Nos seus equipos almacénanse datos de soporte para entes como Meteogalicia, Portos de Galicia, etc. Que outras empresas internacionais precisan de centros coma este para almacenar os seus datos? Que capacidade de almacenamento tén o CESGA?
    4. Serve de conexión entre os centros educativos e diversos órganos de investigación nacionais e internacionais. A través de qué tipo de fibra?
    5. Os seus equipos renóvanse cada 4 anos aproximadamente, e o maior problema é como xestionar a información que está almacenada neles. Cal é o motivo principal de renovalos?
    6. A unidade central de traballo (CPD) está divida en 2 tipos de arquitectura con cadansúas características topolóxicas (tipo e cantidade de nodos, procesador, memoria, etc). É importante a velocidade de cada equipo, pero: que é o realmente importante nestas arquitecturas?
  3. CIMUS: centro de investigación (sen docencia) no que hai 29 grupos de traballo operando en diferentes áreas relacionadas coa medicina e a bioloxía molecular. Nel estúdanse, entre outras cousas, as aplicacións de medios que conteñen células nai.

 

Visita a Asteleiros Triñanes

Hoxe luns 26 de xaneiro visitamos a carpintería de ribeira Asteleiros Triñanes, e alí o seu propietario, Gerardo Triñanes, deunos unha interesante charla sobre as embarcacións tradicionais (materiais, técnicas, tipos) e o presente e futuro do sector (sabedes que só quedan unhas 12 carpintenrías deste tipo en Galicia?)

Acudiu todo o alumnado de 2º, quen realizará reportaxes sobre o aprendido. Pode usarse esta presentación, na que Gerardo Triñanes se apoiou para falar dos principais conceptos da súa exposición (que foi brillante, coma sempre!)

Aquí vos quedan algunhas imaxes da visita.

Asteleiros Triñanes 26 xaneiro 2015 con 2º ESO

Para as persoas que respondades ben estas cuestións haberá suba na nota:

  1. Cantos km de costa tén Galicia? As embarcacións tradicionais son as mesmas en todas partes?
  2. Por que materiais se substituiu a madeira na construción de barcos?
  3. Por que credes que o sector pesqueiro sofre tanto a crise?
  4. Que diferencia hai entre facer un barco de madeira maciza ou de laminado e epoxi? Para que se usa o epoxi?
  5. Que tipos de madeira son máis valorados para construír embarcacións? Por que?
  6. Como foi que se chegou a construír a Gamela de Cabo de Cruz?