Os Bell Labs, informa Diario Turing

A tenor das exposicións que estivestes facendo este trimestre, aquí vos deixo un completo artigo sobre os Bell Labs, fundados no 1925 como Bell Telephone Laboratories. Estes laboratorios son responsables de eventos da telecomunicación como o teléfono touch-tone, o primeiro que substituía a marcación rotatoria por teclas; os primeiros equipos de comunicación de voz inalámbrica, tanto en avións (antes piloto e copiloto non se podían oír) como en coches (no 1946 instalouse en New York o 1º equipo de radiotransmisión nos coches de policía). Un aparato de transmisións conectado a uns cascos e un micrófono constituiu parte do equipamento nos avións estadounidenses da Segunda Guerra Mundial. Nos Bell Labs creouse tamén o primeiro cable de teléfono submarino (TAT-1) e o 1º satélite de repetición de sinais de TV (o Telstar 1). O cine tamén debe parte da súa idiosincrasia ós Bell Labs, de onde saliu en 1926 o sistema de gravación e reprodución de sonido con imaxes en movimento.

E agora vou arriscar a regalar un punto ó primeiro que me responda cal foi o máis grande descobremento que se fixo nestes laboratorios. E todo porque sei que non ledes este blog!