Dendroenerxía: o 1º Nikola Testa de 2º ESO

Aquí vos queda o 1º Nikola Testa deste curso para o alumnado de 2º. Lembrade que tedes que enviar a resposta escrita (en galego) á vosa profe, e logo explicarllo a ela de palabra. Supón un positivo para todo o que o entregue, e ademais, un punto na CompiTecno!

A dendroenerxía, unha fonte renovable utilizada en todo o mundo, podería crecer nos próximos anos para reducir o consumo de combustibles fósiles e loitar contra a contaminación ou o cambio climático

  1. Que tanto por cento de enerxía proporciona?
  2. Que vantaxes tén?
  3. Con que tecnoloxía se logrou aumentar a eficiencia da calefacción por lume?
  4. En que condicións pode ser considerada renovable? É conveniente retirar todos os residuos forestais?
  5. As árbores baixas en lignina ou o millo con celulosas integradas son algúns exemplos de qué tipo de cultivos? Que disciplina se encarga de mellorar o seu rendemento? Cales son os máis promentedores? De que formas se poden producir?
  6. Por que é importante que os biocombustibles non estean destinados á alimentación?
  7. Ventaxas do uso de microalgas como biocombustibles

Tecnoloxía Li-Fi e 1º reto Nikola Testa para 4º ESO

Do pasado 11 a 14 de novembro presentouse no instituto Fraunhofer (Munich, Alemania), o primeiro Li-Fi HotSpot que serve como prototipo para comunicación óptica sen cable para distancias menores de 10m: lograron nada menos que transmitir información a 1 Xigabit por segundo.

Cóntannos no Diario Turing que o espectro radioeléctrico está cada vez máis saturado, e que por este motivo se realizou o recente cambio de frecuencias da TDT en España, co obxetivo de liberar canais de radio para o seu uso en 4G (LTE). Pese a todo, as wifis non chegan para tanta información e dispositivos como os que actualmente se utilizan, polo que se pretende substituír estas redes polas luminarias que todos temos na casa on no traballo.

Como funciona o Li-Fi? as luminarias baseadas en tecnoloxía LED non están encendidas de xeito continuado: aínda que non poidamos aprecialo, parpadean a alta frecuencia (máis de 1000Hz). Este parpadeo pode usarse para transmitir grandes taxas de información. Os LEDs hai anos que se utilizan como fontes de luz nas comunicacións baseadas en fibra óptica.

O 1º Nikola Testa deste curso, alumnado de 4º:

Cales son os 4 retos que ataca a tecnoloxía Li-Fi e como mellora eses aspectos? Que relación hai entre esta tecnoloxía e o premio Nobel de Física deste ano?

(Se tés a resposta, escríbea en galego á profe. Lembra que hai suba de nota!

V Día da Ciencia en Galego: charla de Manuel Caeiro sobre Programación

Foi un pracer participar na charla sobre Linguaxes de Programación que impartiu o profesor Manuel Caeiro vía streaming para todos os centros galegos (organizada polo CGNDL). Un ano máis, participamos xunto a milleiros de alumnos/as de preto de 100 centros neste V Día da Ciencia en Galego. Durante a charla, que foi gravada, utilizouse este material dixital.

Velaiquí o alumnado de informática atento á charla:

la foto 2la foto 1