Galego e novas tecnoloxías

Anúnciannos neste artigo de Praza que o galego inclúese agora entre as 68 linguas que o xigante Google traduce directamente, e todo grazas a iniciativas como Mallando no Android e ó activismo que na Rede levaron a cabo milleiros de galegos, como cando se logrou nun tempo récord a tradución do Twitter.

O devezo e a defensa do galego que se dá na Internet contrasta cos datos que amosan unha constante caída do uso do idioma, sobre todo entre os máis novos, según se desprende do último informe do Instituto Galego de Estatística: no período comprendido entre 2001 e 2011, as persoas que din falar “sempre” galego caeron de case o 60% a menos do 45%. Está nas nosas mans frenar esta tendencia humillante, e unha boa vía e asociar as novas tecnoloxías co galego.

Captura de pantalla 2014-10-18 a las 21.55.28