Freeday4Girls

Hoxe tén lugar en Santiago o evento Freeday4Girls, do que podedes obter máis información no seguinte artigo de Praza Pública.

No artigo ofrécense tristes datos sobre a presencia da muller no mundo da Ciencia e a da Tecnoloxía:apenas unha de cada cinco licenciadas é muller nas carreiras tecnolóxicas. Para reflexionar sobre esta situación, e máis en concreto, sobre a escasa presenza da muller no campo das TIC, este venres celébrase no Centro de Novas Tecnoloxías (CNTG) de Santiago de Compostela o evento Freeday4Girls.

Na xornada, Palmira Castro (mimadriña.com) falará sobre A muller xestora de proxectos e o Software Libre; María Yáñez (A Navalla Suíza) sobre Contidos dixitais de código aberto; e Beka Iglesias (Adtlantida.tv), ofrecerá un obradoiro peer to peer streaming para aprender a facer retransmisións en directo a través da Internet. Ademais, haberá unha mesa de debate titulada “Da Universidade ao mercado laboral”, na que participarán Susana Ladra (vicedecana de organización económica da Facultade de Informática da Coruña) e María José Rodríguez Malmierca (do CESGA, coordinadora do proxecto ICT-Go-Girls!).

Dende o noso centro intentaremos acceder á charla en streaming de hoxe, así como á conferencia final do evento ICT-Go-Girls!, que terá lugar en Amberes o 15 de outubro. Asemade, miraremos de rexistrarnos no plan Rapazas e as TIC, co obxectivo de promover entre as nosas estudantes o estudo de carreiras cientifico-técnicas, animando o seu empoderamento, capacidade de emprendemento e liderado.