Setembro

Chegou o verán, e para os que non quitastes a materia no curso, haberá que repasar algo.

  • Quen teña a materia de 2º pendente ou a leve para setembro, debera repasar estes exercicios: estruturas, mecanismos e boletín xeral
  • Para aqueles que vaian coa materia de 3º a setembro, que miren os boletíns ordinario e de PDC. As preguntas do exame serán dese tipo
  • Os que ides coa materia de 4º, tedes o boletín do curso para repasar

Drons domésticos

Cada día parece que estamos máis no futuro. Neste artigo de Eroski analízanse os últimos modelos de drons e as súas diferencias con avións teledirixidos. Como exemplo cítovos o Phantom FC40 que supón a aposta da empresa especializada en naves teledirixidas DJI para o mercado doméstico máis asequible, xa que o seu coste recomendado é de 485 euros. Este cuadracóptero con sensores de posición manéxase mediante un sinal wifi no móbil, ordenador ou tableta.

Leva incorporada unha videocámara de alta definición de vídeo (680p e 30 frames por segundo) que pode adquirir case todas as posicións posibles, polo que os seus usos idóneos son na filmación en directo de eventos deportivos ou sociais desde un ángulo de altura. Polo de agora, en España están prohibidos.