O sistema eléctrico español

Déixovos aquí este interesante artigo do Boletín de Eroski, unha entrevista realizada a Jorge Morales, un dos primeiros expertos que ergueu a voz contra o actual sistema eléctrico español, que condena ós consumidores a pagar cada vez máis polo seu recibo da luz e frea o desenvolvemento das renovables ou o autoconsumo doméstico de enerxía. Morales, director da comercializadora de electricidade GeoAtlanter, sinala ás cinco grandes empresas eléctricas, “que controlan máis que o Ministerio” (de Industria, Energía y Turismo), e apela a un novo cambio de modelo enerxético no que os cidadáns sexan os principais protagonistas e beneficiarios”.

As preguntas que vos pido que respondandades ós de 3º son:

  1. Que medidas concretas se poden tomar para reducir o gasto enerxético nos fogares?
  2. Por que di o entrevistado que se “poñen barreiras ó autoconsumo”?
  3. É certo que as enerxías renovables teñen vantaxes ambientais e económicas? Entón, por que cres que as atacan?