Marionetas na corda solidaria

Dentro do plan de recuperar as habilidades manuais para elaborar e reciclar produtos no canto de mercalos (proxecto Anestesia do Club do Antifás), desde as aulas de Flor en 3º construíronse unhas fermosas marionetas que logo regalamos á xente da ONGD ConTacto.

Pobreza enerxética en España

De acordo con datos recentes, e segundo informa Público, máis de catro millóns de españois sofren de pobreza enerxética. Iso significa que ou ben non poden asumir o coste da luz ou ben lle destinan a esta máis do 10% dos seus ingresos, o que é excesivo.

Isto signfica un aumento de máis de 5 puntos con respecto ó inverno anterior, e sitúa no punto de mira de todo o país a suba enerxética que o goberno pretende facer en xaneiro (un 11%!)

En LaSextaNoche fixeron hoxe sábado 21 de decembro unha interesante análise destes datos, incorporando información sobre o prezo da factura (a terceira máis cara de Europa, logo de Chipre e Malta), o cuestionable imposto eléctrico, a polémica da subasta das tarifas e a “porta xiratoria“, fenómeno que consiste en que varios exministros e mesmo expresidentes son hoxe asesores das compañías eléctricas que durante o seu goberno favoreceron.

Anestesia Internacional

Aquí vos quedan as imaxes do noso Portal Babel, elaborado polo alumnado de 3º e 4º no marco do proxecto Anestesia (Club do Antifás):

A explicación do por qué deste portal dérona os rapaces de 4º onte, na véspera das vacacións. Trátase de denunciar a anestesia que parece ter a comunidade internacional cos meirandes conflitos do planeta, unhas veces por intereses económicos e outra por fundamentalismos relixiosos.

Lamentamos que a Tecnoloxía, neses casos, non sirva para mellorar o nivel de vida da xente, senón para masacrala. No noso portal reutilizamos material eléctrico para simular os soldados e o armamento que están imposibilitando que a comunidade palestina teña unha vida digna.

Estes son os cartaces que acompañaron a exposición e que o alumnado explicou o día de onte:

 

Premio para o Club do Antifás!

Pois si: a fundación GSD Innova vén de darnos o segundo premio polo proxecto Encontros Multiculturais ONGD ConTacto – IES A Cachada, unhas charlas q se organizaron o pasado curso desde o Club do Antifás para inmigrantes de Boiro. O centro de formación de profes, CAFI, fixo esta bonita mención na súa páxina.

Tedes todo o proxecto albergado no seu blog, e aquí vos queda un pequeno vídeo q conta o máis importante: