Solidariedade creativa por Nadal

Durante o mes de novembro, o alumnado de 3º PDC estivo traballando en dúas huchas para gardar roupa e alimentos que, desde este Nadal, virá recoller persoal da ONGD ConTacto. As huchas foron elaboradas con palés reciclados que nos donaron desde Jealsa. Grazas!

Paga a pena contratar internet por fibra óptica?

Un mes máis, o boletín de Consumer tráenos interesante información sobre a actualidade tecnolóxica. Neste caso, compara as características do internet por cable de par de cobre e por fibra óptica, e valora a pertinencia de usar un ou outro en función das nosas necesidades. Cales son as túas?

(Imaxe CC de Freefoto)

Xa de paso, recoméndovos que leades estoutro artigo sobre as compras en internet: nunca está de máis controlar certos aspectos para que non nos poidan roubar!

As fotos que usades: o Creative Commons

Un ano máis, coas vosas exposicións xorde o problema de que utilizades imaxes e/ou músicas que teñen dereitos de autor. Xa temos falado do tema na aula, pero estes días recibín unha docencia de Pablo Gulín que me parece moi interesante e cuxa aplicación vos inclúo aquí.

É obligatorio botarlle un ollo!!!

 

Recreos Arrepiantes

Co gallo das celebracións do Samaín, algúns rapaces de 4º participaron nas lecturas dos Recreos Arrepiantes preparando uns sustiños… Os nosos Legos, ocultos nos estantes, tiraron libros; dúas cabezas de vaca alumeáronse supetamente e unha mesiña comezou a moverse… Aquí tedes as imaxes da preparación dos sustos!