Nikola Testa infórmanos sobre o estudo Aphekom

Poderían evitarse milleiros de mortes e millóns de euros en perdas se España atendese ás indicacións que dá a OMS (Organización Mundial da Saúde) sobre contaminación atmosférica.

Isto é o que indica o estudo europeo Aphekom, do que podedes averiguar máis neste artigo de Eroski.

A contaminación atmosférica, provocada en gran parte polo tráfico rodado, produce máis de 2 000 000 de mortes anuais en todo o mundo. Para reducir este grave problema, ademais de asumir as recomendacións da OMS, os expertos demandan ás institucións maiores medidas e máis información aos cidadáns, un aspecto este último de especial interés no noso país, onde apenas ninguén utiliza bicicleta (mesmo a normativa prevé endurecerse máis para os condutores de bici).

O reto de hoxe:

  • Onde se producen as emisións contaminantes e cales son estas?
  • Que efectos perxudiciais provoca a contaminación atmosférica?

 

Nikola Testa infórmanos do CTE

Seguramente escoitarías por aí que os edificios de agora deben cumprir unha serie de medidas de eficiencia enerxética. Isto vén regulado polo Código Técnico de Edificación (CTE), que o Ministerio de Fomento acaba de actualizar (con dous anos de retraso). 

Este artigo de Eroski sinala que é e para que serve o novo CTE, a escasa aplicación do vixente e as medidas para fomentalo e melloralo. Tamén explica en qué consiste a reforma sobre lei de autoconsumo enerxético, tan polémica, da que falamos na aula.

O reto de hoxe é:

  • Que é exactamente e que obxectivos tén o CTE?
  • Que consumo final da enerxía do noso país acapara o sector dos edificios?
  • Con que normativa é incompatible o CTE e por qué?

Nikola Testa fálanos das pilas e baterías

cadmio e o mercurio, substancias moi perigosas para o medio ambiente e a saúde, deixarán de utilizarse en diversos modelos de pilas, baterías e acumuladores producidos na Unión Europea.

A prohibición, aprobada polo Parlamento Europeo (PE), entrará en vigor entre 2015 e 2016. Este artigo de Eroski explica a prohibición por parte da UE do cadmio e o mercurio en pilas, amosa o xeito de reciclalas e destaca que as normativas sobre pilas e residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE) son cada vez máis esixentes.

O reto de hoxe é:

Cando a prohibición de baterías de níquel-cadmio entre en vigor, onde se van permitir as baterías (NiCd)? Que alternativas vai haber para outras aplicacións?

 

Nikola Testa

Ola, son un NT ξ 26, ou sexa: un robot androxinoforme adicado á educación tecnolóxica e científica. Fun creada nos laboratorios Cachatronic en base ós recentemente descubertos planos do gran investigador Nikola Tesla, a quen considero meu avó.

Vou ser a vosa compañeira durante este curso, dareivos leccións e plantexareivos diversos retos que a profe terá en conta na súa nota final. Discurride comigo!

Se queredes saber máis sobre a biografía do meu avó, podedes consultar na Galipedia. O reto de hoxe son preguntas relativas á súa vida:

  • Reto: na Exposición Universal de Chicago de 1893 houbo por primeira vez un edificio dedicado a exposicións eléctricas. Que presentaron neste evento Tesla e George Westinghouse?

 

Plataforma do Barbanza en defensa do ensino público

Temos no centro un panel onde se explica por que existe unha plataforma de defensa do ensino público, que cobra maior sentido que nunca desde que esta semana o consello de ministros aprobou a lei Wert con toda a oposición en contra, isto é, sen consensuar con ninguén -por primeira vez desque temos democracia-.

Todos os venres continuaremos vestindo unha camiseta verde que reivindica o ensino público: se queredes unha, avisádenos ós profes.

Neste vídeo elaborado pola Plataforma podedes saber máis de por que non nos gusta NADA esta lei. Botádelle un ollo!

.

Memoria da caixa de proxectos

Este ano comezaremos, en 2º e 3º da ESO, creando a vosa propia caixa de proxectos. Será de madeira e materiais reciclados, e debe cumplir uns requisitos que atoparedes na memoria técnica. Esta memoria debedes tela no voso cuaderno, e completar nela os apartados que faltan. A traballar, e non esquenzades cumplir as normas de seguridade do taller!