Linguaxe audiovisual 1: o guión

Como estivemos vendo na aula, os guións de audiovisual non se escriben coma un doc calquera, senón que siguen un formato específico de letra e maquetación (courier new 12, párrafo centrado). Para esto poden utilizarse ferramentas específicas de edición, como o software gratuito Celtx, que ademais nos deixan escribir tamén o guión técnico, o storyboard, a biblia de personaxes… e permite relacionalo todo a modo de base de datos.

Un guión literario tén sempre unha estrutura similar: engloba o conxunto das secuencias do filme, todas encabezadas por unha liña na que se indica a localización da acción e se precisa se esta é exterior ou interior e se é noite ou día. De seguido, se fora oportuno, inclúese unha breve descrición da escena. Finalmente aparecen os diálogos entre os personaxes, con indicacións sobre a actitude ou emocións que afectan a cada un deles e por tanto condicionan a secuencia.

A continuación podes ver o extracto dun guión, (Pedro e o Capitán, de Pablo Iglesias), eemplo de como adaptar unha obra de teatro (Mario Benedetti) a guión cinematográfico (Gonzalo Iglesias).

 

 

Storyboards para as curtas de Info

Andamos probando a ferramenta GoAnimate para crear “storyboards” animados sobre as historias que en breve gravaremos en Informática. Aquí vos queda unha brincadeira sobre a importancia da Tecnoloxía que fixo Anxo de 4ºA:

GoAnimate.es: Exposici%C3%B3n+sobre+a+tecnoloxia. by Anxorianxo

Like it? Create your own at GoAnimate.es. It’s free and fun!

Concurso de fotografía Xurxo Lobato

Aquí estamos con boas novas outra vez!!

A nosa alumna Pomba López gañou un premio no concurso de fotografía Xurxo Lobato, no que participamos desde as clases de Informática (no tema de edición de imaxe; de feito, estas que gañaron están modificadas no brillo coa ferramenta PicMonkey). Parabéns, Pomba!!

Rompendo espellos

“Se queremos que todo siga como está, necesitamos que todo cambie”, reza a máxima Lampedusiana que o personaxe de Tancredi di ó seu tío Fabrizio en Il Gatopardo.

Poida que levemos toda a Historia pechados nun curral desde o que os poderosos nos observan con autocompracencia, desdén e certa gula.

En tempos pagabámoslles con maquías, coas nosas mulleres e as nosas vidas. Houbo unha revolución… e comezamos a lles pagar con tributos e servidumes; houbo outra revolución… e rematamos pagando impostos e favores… e logo outra… e demos en deberlles préstamos e hipotecas e bolsas de estudos que non nos levaron máis có paro e a unha nova esclavitude…

E aquí seguimos, onde sempre: o noso curral é agora unha sala de interrogatorios nunha desas comisarías modernas, rodeado de espellos que en realidade son vidros desde os que nos espreitan. Falamos ós seus micros (as nosas redes sociais), e eles ollan compracidos, coma sempre, esperando que nos metamos polo noso propio pé nas súas trampas. E que sigamos pagando, un día tras outro, millóns de días con millóns de grans de ouro que nós suamos e a eles lles enchen o peto.

Pero caprichos da Historia… ese espello de hoxe é fráxil, e a desidia de quen leva séculos instalado na molicie permite que se poida romper. Eles tamén comenten fallos, e a súa torpeza é a nosa cómplice… cada Gürtel e Pokemon e Nóos que son denunciados, cada Borbón que asasina un elefante e avala a un ladrón, cada lei reformada ó servizo dos ricos nunha componenda entre xuíces e delincuentes, cada profesor que censura, cada mentira que se filtra por esas mesmas redes sociais coas que nos pensaban enguedellar … fai que ó espello se lle vaia borrando a capa negra que non nos deixaba ver. Fai que nos decatemos de que están aí, coma sempre, rindo e ateigándose da nosa miseria…

Calquera día, o espello deixaranos ver tan claro que o rompreremos. E entón… máis vale que teñan unha boa excusa…

Epílogo: nunca deixedes de mirar máis alá do espello, queridos revolucionarios. Fan falta moitos Toños, Iagos, Pombas, Saras

 

As TIC e os medios de comunicación

Estes días en Informática imos ver o 1º e 2º capítulo da serie Black Mirror, unha serie británica creada por Charles Brooker que fai un interesante estudo da sociedade actual e da importancia que cobran nela as redes sociais como Twitter.

No primeiro capítulo (“O himno nacional”) faise unha “declaración” sobre a evolución da arte contemporánea e barállanse termos como proxy, trending topic, timeline, censura en prensa… No segundo (“Quince millóns de méritos”) valórase o alcance dos reality shows e bosquéxase un estudo sobre a estratificación da sociedade hoxe. O terceiro (“A túa historia completa”), que veremos en Tecno, trata das TIC e a ética: que sería da nosa vida se ficase gravado todo o que nos pasa?

Cada alumno elaborará un comentario de texto sobre os capítulos nos seus blogs de informática.