Saída á Coruña

Este luns 25 de febreiro fumos á Coruña facer tres visitas:

  • A sección audiovisual do grupo Voz Tv, onde o xefe de realización en persoa (Jenaro) nos contou como se grava e monta un informativo, e como se conforma a parrilla de programación
  • O V Concurso de robótica organizado por Igaciencia, onde o fixemos requetebén!
  • A EAO Pablo Picasso, onde vimos como transcorre o proceso creativo vinculado á actividade manual, obradoiros e ferramentas incluído.
Non vou comentar moito máis porque hai un blog, o Corominas de Lois, Natalia, Isa e Sonia, onde podedes atopar información máis que precisa e adecuada do que foi a visita. Grazas, equipo Corominas!
O que si vos poñemos é un álbum de fotos que quitaron Isa e Sara. Disfrutádeo!!

Despedida maleta

Hoxe, xoves 7 de febreiro, a nosa maleta DésPrestige partiu rumbo a outro centro. Quixemos facerlle unha despedida e para iso proxectamos o vídeo que montou Sara Hermo e conta a experiencia vivida en Laxe o 30 de novembro de 2012, cando cinco centros galegos desenvolvimos diferentes actos culturais (nós unha pequena representación teatral) en Laxe, representamos a palabra VIDAS e  recibimos a maleta que hoxe marcha.

Aquí tedes un enlace ás fotos da despedida. En breve, o vídeo!