Boas festas!

Hoxe o grupo de 4ºA brindou con chocolate quente que trouxo o seu titor, Xoan, por unhas felices festas. Aínda apareceron no taller con todo a súa estupenda parafernalia para montar detectores de temperatura que desen alarma do quente que estaba o chocolate!

Boas festas e mellor Aninovo!!

Mercado de Nadal de Cachatronic Coop.

Hoxe, martes 18 de decembro, tivo lugar o primeiro mercado do noso proxecto cooperativista. Aínda que o tempo non nos axudou e non puidemos estar toda a mañá na rúa, fumos quen de vender os doces todos (gran parte deles no recreo) e varios broches, sacos de herbas aromáticas, un parchís e un lapiceiro. (Podedes ver aquí a nova que publicaron no Correo)

O alumnado de 3º A e B, descontados os gastos (que foron moitos, hai que organizar mellor o da COOPERACIÓN) xuntou case 150€. Talvez tiveron que ver esta “propaganda real“, presentacións coma esta, en About.me,  ou este spot?

Para o 16 de abril faremos outro mercado, esta vez, cheo de obxectos tecnolóxicos (xoguetes eléctricos, expositores móbiles…); o obxectivo é ir tres días a Porto, todos xuntos, como corresponde a un auténtico espíritu cooperativista. Axúdasnos?

Aquí tés as fotos do día!

Ferramentas útiles para Cachatronic Coop.

Estamos rematando estes días o proxecto Cachatronic Coop., pero atopei algunhas ferramentas que nos poden ser útiles para ultimar o proxecto:

Blogaliza, un portal ético e en galego

Ola alumnado!

Como sabedes, un fallo no servizo tivo parado o blog os últimos quince días. A diferencia doutros portais, neste sitio, Blogaliza, existen administradores de carne e óso cos que se pode falar, e iso permitiu unha comunicación que non só levou a arranxar o Cachatronic senón a coñecer máis de cerca este servizo gratuito e libre de edición de blogs, Blogaliza, que pertence a WordPress.

Unha das administradoras, Tati Mancebo, tén á súa vez un blog que vos recomendo moito, e como mostra, déixovos este interesante artigo sobre ferramentas educativas que atopei na súa páxina.

Seguimos comunicando!!!