Prestige

Hoxe fai dez anos tivo lugar a sexta catástrofe de mareas negras nas nosas costas, no que foi o accidente máis tráxico de Galicia e un dos peores de Europa.

As Administracións non tiñan un protocolo preparado para afrontar este tipo de situacións (máis ben ó contrario, preferían e prefiren mirar cara outro lado mentres centos de barcos con cargas perigosísimas bordean diariamente as nosas costas); cando a catástrofe foi inminente, a xestión estatal amosouse torpe, ineficaz e neglixente, e para evitar críticas entre a sociedade (unha sociedade máis preparada cá nunca en cuestións de Eduación Ambiental), coartouse a liberdade de expresión dos medios. Galicia, e España, viviron unha das máis grandes mentiras da súa historia recente.

Hoxe, dez anos despois do caso Prestige, diversos colectivos mobilizáronse para analizar que pasou nesta década. Como estamos e como pensamos que iamos estar, en materia de benestar social, medioambiente, educación, opinión e cultura.

Na páxina A Burla podedes atopar moitos documentos relativos ó que pasou aquel triste novembro de 2002. Tamén vos deixo aquí unha presentación na que estamos traballando un grupo de profes para tratar o tema Prestige desde as aulas.

Correspóndevos a vós, xoves preparados de hoxendía, demandar unha política de xestión ambiental adecuada á nosa sociedade actual. Temos Tecnoloxía abonda para escapar de economías baseadas unicamente no uso de derivados do petróleo, como sabedes das clases: reclamemos que se invista nas enerxías renovables e na xestión eficiente dos procesos industriais se queremos ter un planeta non só máis limpo, senón vivo.

Teléfono

Estamos vendo estes días os medios de comunicación e tedes moitas dúbidas co teléfono; atopei este pequeno vídeo na páxina How Stuff Works, páxina que vos recomendo encarecidamente. A ver que tal está o voso inglés!!