Fluorescentes e aforro enerxético

Aquí vos deixo un interesantérrimo artigo de María L. en EducaconTic:, onde nos explica que é unha lenda urbana iso de deixar acesos os fluorescentes por non gastar: aínda que é verdade que estes absorben máis intensidade no arranque, iso é durante microsegundos, de xeito que a potencia total do acendido é menor que a do funcionamento. Así pois, lembrádeo: hai que apagar sempre as luces ó saír!!

Como complemento do artigo, unha infografía de Eroski sobre as lámpadas de baixo consumo:

 

Smart Cities

Rematando coas exposicións sobre instalacións do fogar, o grupo de Alejandra, Xurxo e Marco fixeron unha boa exposición sobre as tendencias futuras neste concepto. Así, faláronnos de domótica e nanotecnoloxía, enerxías renovables e vehículos híbridos, e en xeral das previsións das smart cities. Non sabes o que son? Aquí tedes un bo documental que o explica, xunto a unha reportaxe moi interesante que os vosos compañeiros atoparon no País Semanal:

Concurso: Ante a crise, aforro enerxético!

Aquí tedes información para un concurso de internet que nos gustou moito polos seus contidos, pois son materia de estudo na terceira avaliación, para os de 2º e os de 3º: Ignacio López Bueno de presentacións informáticas.

O IES “Terra de Trasancos” organiza a V Edición do Concurso de Presentacións Informáticas “Ignacio López Bueno” que este ano terá como tema:

“ANTE A CRISE: AFORRO ENERXÉTICO”

PARTICIPANTES:

O concurso vai dirixido ao alumnado de ESO, BACHARELATO e CICLOS que estean matriculados no presente curso en centros de Galicia.

Cada un dos participantes deberá acompañar o seu traballo dun certificado de matrícula nalgún dos centros da nosa Comunidade Autónoma.

TRABALLO:

  Consistirá nunha presentación informática na que se poderán incluír  fotos, vídeos, música, etc… e que terá como tema “ANTE A CRISE: AFORRO ENERXÉTICO”

VALORACIÓN DO TRABALLO:

Para a valoración do traballo terase en conta:

  • O rigor científico
  • Tratamento medioambiental
  • Orixinalidade da presentación e dos contidos
  • Os aspectos tecnolóxicos e plásticos: efectos, música, animacións, …
  • A calidade lingüística e literaria

ENTREGA DO TRABALLO:

Na Secretaría do centro IES “TERRA DE TRASANCOS”
Por correo ordinario  en formato CD  ou DVD
Por correo electrónico, poñendo como asunto: V Concurso de presentacións informáticas “Ignacio López Bueno”
Terá que constar o nome do alumno, o curso, o centro no que está matriculado, o nome do profesor encargado e os seus datos de contacto.

ENDEREZOS:

IES “TERRA DE TRASANCOS”, CAMIÑO REAL s/n  C.P. : 15570  NARÓN.

ies.terra.trasancos@edu.xunta.es

DATAS DE PRESENTACIÓN:

Os traballos  terán como data límite para a súa presentación o día 12 de Abril do 2012.

PREMIOS:

Haberá dous premios divididos en dúas categorías:

  • 1 premio para alumnos de ESO dotado con DIPLOMA e 150 EUROS  en material informático, audiovisual (cds, películas, etc) ou libros.
  • 1 premio para alumnos de Bacharelato e Ciclos dotado con DIPLOMA e 150 EUROS en material informático, audiovisual (cds, películas, etc) ou libros.

Nais traballadoras

Tributo ás nais, que durante séculos traballaron caladamente nos labores do fogar.

Hoxe, nunha sociedade cada vez máis xusta e con facilidades tecnolóxicas, os traballos repártense entre homes e mulleres, e así podemos ver os nosos pais facendo a cea e as nosas nais reparando lámpadas.

Grazas, Tecnoloxía e Educación, por axudarnos a pasar da escravitude a un traballo digno!