Amores Prohibidos 2.0
15 Febreiro 2012Onte presentouse no noso insti o proxecto de teatro e redes sociais «Amores Prohibidos 2.0«. Para isto, viñeron ó centro tres dos integrantes da compañía Chévere, as concellalas de Cultura e de Educación do concello, e numerosos medios de prensa. E podedes dicir: que tén esto que ver coa Tecno?
Ben: como dixo Miguel de Lira na presentación, trátase «redealidade«, ou sexa, que o proxecto se vai transmitir nas redes sociais (particularmente en Redenasa.tv), e como? A través de pequenas gravacións subidas polos protagonistas da obra (mozos e actores profesionais) e mediante os posts dos espectadores, que interactuarán cos personaxes. Todo isto do 20 ó 25 de abril. É un proxecto pioneiro en España, e agardamos que chegue a moita xente. Desde a nosa área, amiga da cultura e non reñida coas redes sociais, aportaremos o noso gran de area facendo gravacións e estudando esas novas vías de (tele)comunicación. Xa iremos informando!!